O inquisidor xeneral ou grande inquisidor (en latín: Inquisitor Generalis) foi a máxima autoridade oficial da Inquisición española. O primeiro e probablemente o máis famoso foi Tomás de Torquemada, relixioso dominico.
O nomeamento correspondía ao papa a proposta do rei da Monarquía Hispánica, aínda que na práctica o pontífice limitábase a confirmar ás persoas designada polo monarca. Tras cada nomeamento o papa promulgaba un breve pontificio no que delegaba a súa autoridade para reprimir a herexía no novo inquisidor, así como lle outorgaba a condición de xuíz supremo en tódalas apelacións das sentenzas dos tribunais provinciais. A partir dese momento o inquisidor xeneral podía actuar sen estar mediatizado por Roma. O inquisidor xeneral era en realidade un cargo da monarquía máis que unha dignidade eclesiástica, pero o rei non podía destituílo, porque non deixaba de ser un delegado papal, e si o cargo quedaba vacante os tribunais provinciais non podían actuar.[1]
Tras a resolución das Cortes de Cádiz no século XIX, tivo lugar a abolición definitiva da Inquisición, que recibira co libro de Juan Antonio Llorente unha crítica demoledora. Precisamente, o presbítero canario Cristóbal Bencomo y Rodríguez quen foi confesor do rei Fernando VII[2] e arcebispo titular de Heraclea, foi proposto polo propio rei como inquisidor xeneral de España (cargo rexeitado polo mesmo Bencomo).[3] Isto debeuse, entre outras cousas, a que Bencomo entendía que tras a Constitución de Cádiz, o Santo Oficio era unha institución chamada á desaparición, pois non contaba coa simpatía da maioría dos estamentos segrares e eclesiásticos. Ocuparía o seu lugar Jerónimo Castillón y Salas, bispo de Tarazona, quen sería o último Inquisidor xeneral de España.
Juan Enguera: só na Coroa de Aragón (1507-1513), bispo de Vic.
Luis Mercader: só na Coroa de Aragón (1513-1516), bispo de Tortosa.
Adriano de Utrecht: só na Coroa de Aragón (1516); inquisidor xeneral de Castela e Aragón (1518-1522), cardeal e bispo de Tortosa, papa Hadrián VI (1522-1523).
Alonso Manrique (1523-1538), cardeal e arcebispo de Sevilla.
O Gran Inquisidor é tamén o nome dun capítulo da obra literaria Bratia Karamazovy, do escritor e filósofo rusoFiódor Dostoievski. O personaxe central da peza é un Grande Inquisidor que arresta e procesa a Xesús de Nazaret.
Javier Alfaya, na súa novela Eminencia ou A memoria finxida (1993, ISBN 84-204-8103-3), fábula a vida dun dos últimos inquisidores Xenerais, Ramón José de Arce, a partir dunhas imaxinarias memorias.
La Parra López, Emilio; Casado, María Ángeles (2013). La Inquisición en España. Agonía y abolición. Madrid: Los Libros de la Catarata. ISBN978-84-8319-793-6.
Pérez Villanueva, J., e Escandell Bonet, B. (1984). Historia de la Inquisición en España y América. I: El conocimiento científico y el proceso histórico de la Institución (1478-1834). Biblioteca de Autores Cristianos. ISBN 84-220-1158-1.