Imaxin Software | |
---|---|
Tipo | Pública |
Fundación | Santiago de Compostela (1997) |
Localización | Santiago de Compostela Galicia |
Persoas clave | Luz Castro Pena, Diego Vázquez Rey, Antonio Fernández Cabezas, José Ramom Pichel Campos. |
Industria | Informática |
Produtos | Tradutores Gaio e OpenTrad |
Na rede | |
http://www.imaxin.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Imaxin Software é unha empresa galega coñecida coñecida pola creación do tradutor Gaio da Xunta de Galicia, do tradutor automático Opentrad, e do corrector ortográfico 2.Mil3 para Microsoft Word.[1][2][3] Fundada en 1997 por cinco estudantes da Facultade de Informática da Universidade da Coruña (Luz Castro Pena, Diego Vázquez Rey, Antonio Fernández Cabezas, e José Ramom Pichel Campos), a maior parte do traballo da empresa está vinculado coa lingua e coa cultura galegas.[4]
O tradutor Gaio facilítalle ao persoal da administración a tradución de grandes volumes de documentación técnica e administrativa, así como a tradución inmediata de páxinas web, actas, informes e outra documentación, correos e documentos completos. Tamén contempla terminoloxía específica administrativa e nomenclatura propia das entidades, como nomes de consellerías, concellos, altos cargos, órganos de goberno ou integrantes das corporacións locais, e permite a tradución de documentos completos nos formatos txt, html, doc, docx, pptx, xlsx, odt, ods, odp e pdf. O Gaio posibilita a tradución directa e inversa do galego ao castelán e mais ao portugués.[1]