Coral Sea Islands Territory (en) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Australia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4 (2018) (0,4 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 10 km² | ||||
Bañado por | Mar do Coral | ||||
Organización política | |||||
Máxima autoridade xudicial | Tribunal Supremo da Illa Norfolk | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
O Territorio das Illas do Mar do Coral (en inglés: Coral Sea Islands Territory) está composto por un grupo de pequenas illas e arrecifes coralinos deshabitados e tropicais do Mar do Coral, ao noroeste de Queensland Australia, (coordenadas 18°N, 152°E). As illas están diseminadas nunha área de ao redor dun millón de km², pero cunha área emerxida de só 8 km² sendo o illote de Willis os máis importantes, no principal dos illotes de Willis existe unha estación meteorolóxica cuxa poboación é temporal.
O territorio abarca 780.000 km², que se estenden ao leste e ao sur desde o bordo exterior da Gran Barreira de Coral, e inclúe a illa Heralds Beacon, Arrecife Osprey, o Grupo Willis, e outros quince grupos de arrecifes/illas.[1]
As Illas do Mar do Coral describíronse por primeira vez en 1803. Nos anos 1870 e 1880, as illas foron explotadas polo guano, pero a ausencia dun fornecemento permanente de auga doce impediron a habitación a longo prazo.[1] O territorio foi creado en 1969 pola Coral Sea Islands Act (Lei de Illas do Mar do Coral) antes diso, a área era considerada parte de Queensland e ampliada en 1997 para incluír os arrecifes Middleton e Elizabeth case 800 km máis ao sur, xa no Mar de Tasmania. O territorio é unha posesión de Australia, que administra desde Canberra o Ministerio de Medio Ambiente (Australian Department of the Environment), que controla as actividades dos visitantes.
Os dous últimos arrecifes están moito máis preto da Illa Lord Howe, Nova Gales do Sur, (aproximadamente 150 km) que á illa máis meridional do resto do territorio, Illa Cato. As illas, caios e arrecifes da Gran Barreira de Coral non forman parte do territorio, pertencen a Queensland. O bordo exterior da Gran Barreira de Coral é o límite entre Queensland e o Territorio das Illas do Mar do Coral.
O territorio é unha posesión de Australia, administrado desde Camberra polo Departamento do Fiscal Xeral[2] (antes do 29 de novembro de 2007[3] a administración levouse a cabo polo Departamento de Transporte e Servizos rexionais). A defensa é a responsabilidade de Australia, e o territorio é visitado regularmente pola Royal Australian Navy.
Australia mantén estacións meteorolóxicas automáticas en moitas das illas e arrecifes, e reivindica unha zona exclusiva de pesca de 200 millas (370 km.). Non existe ningunha actividade económica (agás unha significativa pero aínda non cuantificada industria de pesca e mergullo), e só un equipo de tres ou catro persoas manteñen a estación meteorolóxica na Illa Willis (Illote Sur), establecida en 1921.[Cómpre referencia] En novembro de 2011 o goberno australiano anunciou que planificouse unha área protexida de 989.842 km² no Mar do Coral.[4]
Hai ao redor de 30 arrecifes e atois distintos, doce están totalmente mergullados ou que se secan só durante a marea baixa, e outros 18 cun total de ao redor de 51 illotes e caios (18 só no atol Lihou), algúns dos cales teñen vexetación. Os atois presentan unha ampla gama de tamaños, desde uns poucos quilómetros de diámetro ao que talvez é o segundo atol máis grande do mundo por superficie total (incluíndo a lagoa): Lihou Reef, cunha lagoa de tamaño de 100 x 30 km e unha superficie de 2.500 km², que se comparan cunha superficie combinada dos 18 illotes individuais de soamente 0,91 km². As illas son todas moi baixas.
Os illotes Willis son importantes zonas de anidación de aves e tartarugas, pero teñen recursos naturais insignificantes. Eles comprenden menos de 3 km² de terra. Non hai ningún porto ou embarcadoiro, unicamente un ancoradoiro en mar a fóra.
A maioría dos atois divídense en dous grupos, mentres que Mellish Reef cara ao leste, e Middleton Reef e Elizabeth Reef ao sur agrúpanse por separado:
Os atois do Grupo Noroeste, agás o arrecife Osprey e o arrecife Shark no norte, e o arrecife Marion, no sur, atópanse na Meseta do Mar de Coral (Meseta Queensland), unha zona contigua de profundidades de menos de 1000 metros.
As reservas naturais foron creadas para protexer a vida silvestre nas áreas respectivas do territorio; xuntos forman a Reservas do Mar do Coral Sitio Ramsar.
Os arrecifes Elizabeth e Middleton, xunto cos arrecifes ao redor de Illa Lord Howe (Nova Gales do Sur) 150 km ao sur, son considerados como os arrecifes de coral máis austrais do mundo. A súa situación, onde atópanse as correntes oceánicas tropicais e templadas, contribúe a un conxunto extraordinariamente diverso de especies mariñas. Estes atois maiormente mergullados que se secan só durante a marea baixa engadíronse ao territorio en 1989. Están situados na Lord Howe Rise no Mar de Tasmania, que se une ao Mar do Coral no sur. Xa o 23 de decembro de 1987, estaban protexidos como a Elizabeth and Middleton Reefs Marine National Park Reserve, que ten unha superficie de 1880 km².
Complexo | Tipo | Illotes/caios |
---|---|---|
Arrecife West Holmes | atol | 2 |
Diane Bank | atol (maiormente afundido) | Diane Bank Cay |
Grupo Willis | atol (parcialmente afundido) | South Islet (Willis Island), Mid Islet, North Cay |
Caios Magdelaine e Illotes Coringa | atol (parcialmente afundido) | Northwest Islet, Southeast Cay, Southwest, Illotes Chilcott |
Caios Herald (Norte) | arrecife | Northwest Cay |
Caios Herald (Sur) | arrecife | Southeast Cay |
Caios e arrecife Lihou | atol | 18 |
Illas Diamond e Arrecife Tregosse | atol (parcialmente afundido) | 4 |
Arrecifes Flinders (Norte) | atol | Flinders, Main, Victoria Cays |
Arrecife Marion | atol | Paget, Carola, Brodie Cays |
Arrecife Mellish | atol | Heralds-Beacon Islet |
Arrecifes Frederick | atol | Observatory Cay |
Arrecife Kenn | atol | Observatory Cay |
Arrecife Saumarez | atol | Northeast, Southwest Cays |
Arrecife Wreck | atol | Bird, West Islets, Porpoise Cay |
Arrecife Cato | atol | Cato Island |
Arrecife Middleton | atol | 1 |
Arrecife Elizabeth | atol | 1 |
Número total de illotes/caios | 51 |
The Federal Government, through the Attorney-General's Department administers Ashmore and Cartier Islands, Christmas Island, the Cocos (Keeling) Islands, the Coral Sea Islands, Jervis Bay, and Norfolk Island as Territories.
As part of the Machinery of Government Changes following the Federal Election on 29 November 2007, administrative responsibility for Territories has been transferred to the Attorney General's Department.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas do Mar do Coral |