Situación do Mar Exeo.

As illas do Exeo son un numeroso e disperso grupo dunhas 5000 illas e illotes situadas no mar Exeo e do que pouco máis de 100 están habitadas. A gran maioría destas illas pertencen a Grecia, e só unhas poucas son parte de Turquía.

Arquipélagos do Exeo

Arquipélagos do mar Exeo

O conxunto das illas do Exeo pódese dividir en:

Eubea

Artigo principal: Eubea.

O seu nome significa rica en gando. Polo seu tamaño, é a segunda illa grega, logo de Creta. Trátase dunha illa longa, estreita e montañosa. Está separada de Grecia continental pola canle Evvoikos (estreito de Euripo). Polo menos desde o ano -411 estivo unida ao continente por unha ponte próxima á cidade de Calcis.

Espóradas do norte

Artigo principal: Espóradas.

Destacan catro illas principais neste arquipélago: Esciro, Skiathos, Skópelos e Alonissos. A primeira pertence á prefectura de Eubea. As demais, á de Magnesia.

Illas do golfo Sarónico

As illas do golfo Sarónico.
Artigo principal: Illas Sarónicas.

Están moi próximas a Atenas. Delas, Exina e Salamina son as maiores. Exina chegou a ser rival de Atenas na época de Grecia clásica. Salamina é considerada pola tradición como a patria de Áiax o Grande, heroe que combateu na guerra de Troia.

Cícladas

Figurilla cicládica do terceiro milenio adC. Staatliche Antikensammlungen, Múnic, Alemaña.
Artigo principal: Cícladas.

As Cícladas comprenden unhas 220 illas. Deben o seu nome á aparente forma de círculo ao redor da illa de Delos que ten o arquipélago.

Este arquipélago posúe un gran número de illas de importancia histórica, mitológica e turística. Nel floreceu entre o ano 3000 e o 1000 a. C. a denominada civilización Cicládica.

Outras illas que se atopan entre as de maior tamaño deste arquipélago son Andros, Tinos, Amorgos e Serifos.

Dodecaneso

Artigo principal: Dodecaneso.
Situación do Dodecaneso.

O seu significado é doce illas, pero o arquipélago componse de moitas máis. As doce principais son Rodas, Kárpatos, Cos, Nísiros, Tilos, Kálimnos, Symi, Patmos, Astipalea, Kasos, Leros e Kastellorizo.

Rodas é a capital e a illa de maior relevancia tanto en mitoloxía como arte e historia.

Illas do norte e do leste do Exeo

Adóitanse agrupar baixo esta denominación a un grupo de illas próximas á costa de Anatolia que non forman un arquipélago por si soas. Nalgunhas fontes denomínanse Espóradas meridionais ás illas máis meridionais deste grupo e ás máis setentrionais do Dodecaneso.

Imaxe por satélite da illa de Samos.

Creta

O palacio minoico de Cnosos.
Artigo principal: illa de Creta.
Artigo principal: Civilización minoica.

É a maior das illas do Exeo e berce da civilización minoica que tivo o seu esplendor e dominou o mar Mediterráneo oriental durante gran parte da idade de bronce. O seu capital é Heraklion. Acháronse importantes restos arqueolóxicos da idade de bronce en numerosos lugares da illa, principalmente en Cnosos, Gortina, A Canea e Festos.

As illas do Exeo nas epopeas da antiga Grecia

Catálogo de naves

Algunhas das illas do Exeo son mencionadas no catálogo de naves d' A Ilíada como parte dos exércitos pertencentes á coalición dos aqueos contra Troia.

Entre as citadas atópanse Creta, gran parte das illas do Dodecaneso (Rodas, Sime, Karpathos, Cos, as illas Calidnas), as do golfo Sarónico e Eubea. Con todo, no catálogo de naves ignóranse as Cícladas e as illas do norte e leste do Exeo.

Lugares do nacemento dos deuses olímpicos

A mitoloxía grega adoita situar o nacemento dalgúns dos deuses olímpicos nas illas do Exeo:

Deuses Lugar de nacemento
Zeus Creta (no monte Dite ou no Ida)
Hera Samos
Apolo Delos
Ártemis Delos

Ademais, Hefesto, Poseidón e Dioniso aparecen fortemente asociados coas illas de Lemnos, Rodas e Naxos, respectivamente.

Viaxe dos argonautas

Durante a expedición dos argonautas en busca do vélaro de ouro, os argonautas tiveron que atravesar o Mar Exeo. No seu traxecto, estiveron na illa de Lemnos, que atoparon habitada só por mulleres, pois estas mataran a todos os homes. Os argonautas permaneceron en Lemnos durante un tempo que se uniron coas lemnias e tiveron numerosa descendencia.

Segundo algunhas fontes, os argonautas tamén estiveron na illa de Samotracia onde, a instancias de Orfeo, iniciáronse nas súas misterios.

Mitoloxía de Creta

A mitoloxía grega recolle un gran conxunto de lendas relativas á illa de Creta que se centran nas relacións entre Atenas e Creta, onde reinaba o lendario Minos. O heroe ateniense Teseo logrou matar ao Minotauro no labirinto de Creta e na súa fuxida coa filla do rei, Ariadna, desembarcou nunha illa onde deixou a Ariadna. As tradicións difiren sobre se a illa mencionada era Naxos, nas Cícladas; ou Día, situada moi próxima á costa de Creta.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos