Infotaula de personaIldefonso de Toledo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 607 Editar o valor em Wikidata
Toledo Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 667 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Toledo Editar o valor em Wikidata
Arcebispo de Toledo
657 –
Abade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino visigodo de Toledo Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo niceno Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico , escritor , teólogo , Arcebispo , bispo católico Editar o valor em Wikidata
ProfesoresEugenius II of Toledo (pt) Traducir e Helladius of Toledo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLatín medieval Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa23 de xaneiro Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX880678


Ildefonso de Toledo, tamén coñecido como santo Ildefonso, nado en Toledo en 607 e finado na mesma cidade en 667, foi arcebispo de Toledo dende o ano 657 ata a súa morte. É un dos padres da Igrexa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu entre os anos 606 ou 607, durante o reinado de Witerico en Toledo. Era de orixe xermánica, das distintas familias rexias visigodas. Foi sobriño do bispo de Toledo santo Uxío III, quen comezou a súa educación.

Recibiu unha brillante formación literaria. De neno, ingresou no Mosteiro de Agali, nos arrabales de Toledo, contra a vontade dos seus pais.

Firma entre os abades nos Concilios VIII e IX de Toledo. Morto o bispo Uxío III é elixido bispo de Toledo o ano 657. Doi obrigado a ocupar a súa sede polo rei Recesvinto. Morre o 667, e foi sepultado na igrexa de Santa Locaia de Toledo, e posteriormente trasladado a Zamora.

Milagre do encontro coa Virxe

[editar | editar a fonte]
Imposición da casula a Santo Ildefonso, por Juan Pantoja da Cruz (1603, Museo do Prado).

A noite do 18 de decembro de 665 Ildefonso e os seus diáconos atopáronse coa Virxe María sentada na cadeira do bispo, rodeada por virxes. A Virxe díxolle que era o seu capelán e fiel notario. Deulle unha casula, que lle enviara o seu Fillo da súa tesouraría.

Dicindo isto, a Virxe mesma investiuno, e deulle instrucións de usala soamente nos días festivos designados na súa honra.

Un concilio de Toledo ordenou un día de festa especial para perpetuar a súa memoria. [1] O século VI foi importante para a orixe do culto mariano. Esta aparición foi de moita importancia para Toledo e a súa catedral. Nela, os peregrinos aínda veneran a pedra en que a Virxe puxo os seus pés.

Obras

[editar | editar a fonte]

Das apuntadas no Elogium consérvanse as seguintes:

Padroeiro

[editar | editar a fonte]

A súa festa celébrase o 23 de xaneiro. É padroeiro das cidades de Toledo e Zamora. En Galicia é patrón da parroquia de San Cibrao das Viñas.

Imaxe de Santo Ildefonso en Olula del Río, celebrando as súas festas o 23 de xaneiro, cheo de roscas de pan.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Edicións

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Sansterre, J-M: “Actitudes occidentales à l'égard des miracles d'images dans le Aut. Moyen Age”, en Annales, Histoire, Sciences Sociales, Nº 53 (1998)