Tableta de arxila sumeria con escritura cuneiforme de finais do III milenio a. C. A innovación da escritura é de tal magnitude para o desenvolvemento da civilización que se identifica coa Historia mesma.
Finalización da primeira fase do Stonehenge monumento megalítico de Inglaterra.
Comeza a civilización minoica en Creta; desenvolverase entre os anos 3000 e 1200 a. C. Os seus primeiros palacios foron construídos ao final do Minoico Inicial neste III milenio a. C.
A estatua O escriba sentado foi esculpida entre os anos 2480 e 2350 a. C., nunha época en que Exipto estaban no cumio da súa gloria e xa se abandonara a construción de grandes pirámides.