Horace Walpole, IV conde de Orford, nado o 24 de setembro de 1717 e finado o 2 de marzo de 1797, foi un político, escritor e innovador arquitecto británico. Foi primo do mariño Lord Nelson. Escribiu a famosa novela gótica O castelo de Otranto, e multitude de documentación epistolar que ofrecen unha imaxe moi ilustrativa da aristocracia do seu tempo, particularmente desde o punto de vista intelectual.