Histona H3, familia 3A (H3.3A)
| |
Identificadores | |
Símbolo | H3F3A |
Símbolos alt. | H3F3 |
Entrez | 3020 |
HUGO | 4764 |
OMIM | |
RefSeq | NM_002107 |
UniProt | Q66I33 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 1 q41 |
Histona H3, familia 3B (H3.3B)
| |
Identificadores | |
Símbolo | H3F3B |
Entrez | 3021 |
HUGO | 4765 |
OMIM | |
RefSeq | NM_005324 |
UniProt | P84243 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 17 q25 |
A histona H3 é un dos cinco grandes tipos de proteínas histonas que forman parte da estrutura da cromatina nas células eucariotas.[1][2] Presenta un dominio globular principal e unha longa cola N-terminal. A H3 forma parte do octámero dos nucleosomas, os cales forman a estrutura de colar de doas da cromatina. As histonas son en xeral moi modificadas postraducionalmente, pero a histona H3 é a que é modificada máis extensamente de todas elas. O termo "histona H3" sen máis especificacións é deliberadamene ambiguo, xa que comprende as distintas variantes de secuencia ou estados de modificación que pode presentar. A histona H3 é unha importante proteína no emerxente campo da epixenética, e as súas variantes de secuencia e estados de modificación variables pénsase que xogan un papel na dinámica e regulación a longo prazo dos xenes.
O N-terminal da histona H3 sobresae desde o centro do nucleosoma globular e pode sufrir varios tipos de modificacións postraducionais que inflúen nos procesos celulares. Estas modificacións inclúen a unión covalente dun grupo metilo ou acetil aos aminoácidos lisina e arxinina e a fosforilación da serina ou treonina. A di e trimetilación da lisina 9 está asociada coa represión e a heterocromatina, mentres que a monometilación da lisina4 está asociada con xenes activos.[3][4] A acetilación da histona H3 ocorre en diferentes posicións da lisina na cola da histona e é realizada por unha familia de encimas coñecidos como histona acetiltransferases (HATs). A acetilación da lisina14 dáse comunmente en xenes que están sendo activamente transcritos a ARN.
En células de mamíferos coñécense sete variantes de secuencia da histona H3, que se denominan histona H3.1, histona H3.2, histona H3.3, histona H3.4 (H3T), histona H3.5, histona H3.X e histona H3.Y, pero presentan unha alta conservación da secuencia diferindo só nuns poucos aminoácidos.[5][6] A histona H3.3 desempeña un importante papel no mantemento da integridade do xenoma durante o desenvolvemento dos mamíferos.[7]
As histonas H3 están codificadas en varios xenes do xenoma humano, como: