Hiri motu Police motu | ||
---|---|---|
Falado en: | Papúa Nova Guinea | |
Total de falantes: | 120 000 como segunda lingua (1989) | |
Familia: | Linguas malaio-polinesias Linguas oceánicas Linguas oceánicas occidentais Linguas da punta papúa Linguas da punta papúa centrais Lingua motu Hiri motu | |
Escrita: | Latina | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Papúa Nova Guinea | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ho
| |
ISO 639-2: | hmo | |
ISO 639-3: | hmo
| |
Mapa | ||
Status | ||
O hiri motu, tamén coñecida como police motu, pidgin motu ou sinxelamente hiri, é unha lingua oficial de Papúa Nova Guinea.[2] É unha versión simplificada da lingua motu, da familia de linguas austronesias.
Aínda que é máis un pidgin que unha lingua crioula, posúe trazos de ámbolos dous tipos. As fonolóxicas e gramaticais implican que os falantes de hiri motu non poden entender ós de motu. Por outra banda, os falantes de motu que non saben hiri motu tamén teñen dificultades semellantes, tendo en conta que son lexicamente semellantes e que o hiri motu ten unha base sintáctica austronesia simplificada.
Mesmo nas áreas onde foi estabelecido como lingua franca, o emprego de hiri motu está a declinar en favor do tok pisin e do inglés.
Vexa a proba da Wikipedia en Hiri motu |