Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Antas, España |
Morte | 19 de febreiro de 1949 (48/49 anos) Pontevedra, España |
Causa da morte | suicidio, enforcamento |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | director de orquestra , compositor |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Higinio Cambeses Carrera, nado en Antas (A Lama) en 1900 e finado en Pontevedra o 19 de febreiro de 1949, foi un director de banda e compositor galego.
De formación autodidacta fundou na súa parroquia natal a Banda Celta Infantil para a que compuxo diversas obras, ademais de arranxos de temas populares. Fervente republicano,[1] presentouse como candidato polo Partido Radical Socialista ás eleccións municipais do 12 de abril de 1931.[2] Máis tarde dirixiu a Banda de Cuntis, e foi pioneiro na introdución da gaita nunha banda de música.[3] En 1932 dirixiu a Agrupación Musical de Ordes promovida por Manuel Sousa Hermida e en 1933 a Banda de Viveiro, e alí aprobou en 1935 as oposicións para profesor da Escola de Música.[4] De ideoloxía republicana ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou en Viveiro unha Comisión de Axuda aos Presos na localidade que axiña disolveu o comandante militar,[5] ao pouco detivérono, e foi condenado en 1941 a pagar unha multa de 250 pesetas. Sufriu continúas detencións, malleiras e sancións laborais e económicas. Entre 1943 e 1948 volveu dirixir a Banda de Cuntis. De 1946 e 1948 foi tamén director da banda La Lira da Sociedad Cultural y Artística de Monterroso.[6][7] Encargouose da Banda de Padrón en 1948. Obsesionado pola presión e o medo a que foi sometido despois do golpe de Estado, intentou rematar coa súa vida en Cuntis, sen conseguilo, e logo de transladalo ao Hospital Provincial de Pontevedra aforcouse.[8][9]
Como compositor escribiu máis de duascentas pezas, entre as que salientan A noite do Santo Cristo, Una vez en La Habana, Nosa Terra, ¡Adiós, para siempre!, Zumba Loureiro, ¡Ard’o eixo carballeira!, Cantigas d'a ría, E si mo deches foy no muiño, Flores de la calle ou Una tarde en Zaragoza.