Infotaula de personaO moi honorábel Editar o valor em Wikidata
Heribert Barrera

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalHeribert Barrera i Costa
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1917 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de agosto de 2011 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaReus Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente Associació d'Antics Diputats al Parlament de Catalunya (en) Traducir
1997 – 2003 – Joaquim Xicoy →
Eurodeputado

21 de marzo de 1991 – 18 de xullo de 1994

Circunscrición electoral: España
Presidente de Esquerra Republicana de Catalunya
1991 – 1995
← Lluís CompanysJaume Campabadal i Farré (en) Traducir →
63º President of Ateneu Barcelonès (en) Traducir
1989 – 1997
← Jordi Maragall i Noble (pt) TraducirJordi Sarsanedas →
Deputado do Parlamento de Cataluña
17 de maio de 1984 – 4 de abril de 1988 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
10 de abril de 1980 – 20 de marzo de 1984 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Presidente do Parlamento de Cataluña
10 de abril de 1980 – 20 de marzo de 1984
← Francesc Farreras (pt) TraducirMiquel Coll i Alentorn →
Deputado no Congreso dos Deputados
23 de marzo de 1979 – 9 de abril de 1980 – Josep Pi-Sunyer (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado no Congreso dos Deputados
21 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979

Circunscrición electoral: Barcelona

Secretario Xeral de Esquerra Republicana de Catalunya
1976 – 1987
← Joan Sauret (pt) TraducirJoan Hortalà (pt) Traducir →
Presidente Societat Catalana de Ciències Físiques, Químiques i Matemàtiques (en) Traducir
1976 – 1978
← Enric Casassas i Simó (en) TraducirJoan Casulleras i Regas (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBarcelona Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona - Bachelor of Chemical Sciences (en) Traducir
Montpellier 2 University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Madrid
Bruxelas
Barcelona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímico , catedrático , político , matemático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEsquerra Republicana de Catalunya Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá, lingua catalá, lingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoAragon Front (en) Traducir e Batalha de Segre (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiMartí Barrera i Maresma (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0056889 BNE: XX1094772 Dialnet: 1766305 Editar o valor em Wikidata

Heribert Barrera i Costa, nado en Barcelona o 6 de xullo de 1917 e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 2011[1][2][3] foi un químico, político catalán, e primeiro presidente do Parlamento de Cataluña dos tempos da recuperación democrática. Era fillo de Martí Barrera, quen fora deputado no Parlamento catalán e conseller da Generalitat de Cataluña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Barrera licenciouse en química pola Universidade de Barcelona nos tempos da II República Española[4]. En 1934 entra a formar parte da Federació Nacional d'Estudiants de Catalunya e do Bloc Escolar Nacionalista.[5], dúas organizacións xuvenís do nacionalismo catalán. En 1935 ingresa nas Mocidades de Esquerra Republicana de Catalunya. Cando estoura a guerra civil española alístase co bando republicano, e loita na Fronte do Ebro[5] formando parte da artillaría. Meses antes do triunfo do bando liderado polo xeneral Franco, en febreiro de 1939, Barrera exíliase a Francia, onde permanecerá ata o ano 1952[4].

Nos anos corenta e cincuenta séguese formando, e á licenciatura en químicas suma a de matemáticas e a de enxeñaría química pola Universidade de Montpellier e o doutoramento en física pola Sorbona de París[4]. Posteriormente convértese en profesor axudante da facultade de Ciencias da Universidade de Montpellier, onde imparte a materia de electroquímica. Foi agregado de investigación do Centre National de la Recherche Scientifique francés, a máxima institución investigadora de Francia, e bolseiro posdoutoral na Universidade de New Hampshire. Nestes primeiros anos contribúe a reorganizar Esquerra Republicana de Catalunya no exilio, e cando regresa a Cataluña, no interior, de forma clandestina[5].

En 1952 volve a Barcelona como profesor de química inorgánica na Universidade Autónoma de Barcelona e no ano 1970 consegue a cátedra[4]. Durante ese tempo foi autor de artigos científicos en revistas internacionais, así como de política na prensa catalá e internacional. En 1949 recibiu o premio Prat de la Riba do Institut d'Estudis Catalans por unha pescuda sobre a síntese dos ácidos arilalifáticos.

En 1976 convértese no máximo dirixente de ERC en Cataluña e o secretario xeral do partido. En 1977 ingresa como membro do Consell Català del Moviment Europeu e nese mesmo ano resulta elixido deputado no Congreso dos Deputados, pola circunscrición de provincia de Barcelona, o único da súa candidatura, fronte aos 11 que colleita a candidatura centrista de Jordi Pujol. En 1980, porén, e tamén á fronte da súa formación, consegue 14 escanos nas eleccións ao Parlamento catalán, co que abandona as Cortes de Madrid, onde é substituído por Josep Pi-Sunyer. Na constitución da cámara catalá foi elixido presidente do Parlamento de Cataluña, o primeiro da restauración da democracia.

Nas eleccións catalás de 1984 ERC sofre unha severa derrota ao perder a metade dos votos e 9 de 14 deputados, quedando só con 5, entre eles, o do propio Barrera, que encabezaba a candidatura por Barcelona. En 1987 abandona a secretaría xeral de ERC, e permanecerá apartado da política ata que en 1991 regrese para encabezar a candidatura de ERC ao Parlamento Europeo, onde sae elixido eurodeputado. Tamén nese ano, 1991, pasa a ocupar o cargo honorífico de presidente de Esquerra, onde permanecerá durante catro anos, ata 1995.[6].

Ao abandonar Bruxelas en 1994, Barrera pasa a ocupar un papel discreto e de honra na política catalá, con espazados posicionamentos públicos. En 2001 publica o libro Què pensa Heribert Barrera?, onde sinalaba que a inmigración facía perigar o futuro de Cataluña[7]. O propio Barrera moderou estes pareceres en entrevistes posteriores[8]. En 2009 Barrera expresou publicamente o seu afastamento das posicións da dirección da súa formación, ERC, e sen deixar de militar nela apoiou publicamente a escisión, partidaria dunha aceleración das propostas independentistas, encabezada por Joan Carretero[2][5].

O 10 de xullo de 2010, Barrera encabezou, a canda outros líderes políticos cataláns históricos e contemporáneos (José Montilla, Pasqual Maragall, Jordi Pujol, Ernest Benach e Joan Rigol) unha manifestación pro-autonomista de grande relevancia en Cataluña, baixo o lema Som una nació. Nosaltres decidim (Somos unha nación. Nosoutros decidimos)[5][9].

Galardóns

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Mor l'històric Heribert Barrera, epuntl primer president del Parlament restaurat, Diari Ara, 27 de agosto de 2011.
  2. 2,0 2,1 Un segle de lluita en tots els fronts, Diari Ara, 27 de agosto de 2011.
  3. Mor Heribert Barrera, després d'una vida de lluita nacional, El Punt Avui, 28 de agosto de 2011.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Heribert Barrera i Costa Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine., Enciclopèdia. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 El caràcter republicà, El Punt Avui, 28 de agosto de 2011.
  6. 6,0 6,1 Heribert Barrera i Costa (1980 - 1984) Arquivado 08 de marzo de 2012 en Wayback Machine., Web do Parlamento de Cataluña.
  7. Es mor Heribert Barrera Arquivado 18 de setembro de 2011 en Wayback Machine., Vilaweb, 27 de agosto de 2011.
  8. Carod-Rovira demana a Barrera que aturi en les seves declaracions Arquivado 12 de decembro de 2011 en Wayback Machine., Vilaweb, 2 de marzo de 2001.
  9. Èxit incontestable d'una jornada històrica Arquivado 13 de xullo de 2010 en Wayback Machine., VilaWeb, 10/9/2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Francesc Farreres
 Generalitat de Cataluña
Presidente do Parlamento de Cataluña
 
19801984
Sucesor:
Miquel Coll