Infotaula de personaHenning Mankell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Henning Georg Mankell Editar o valor em Wikidata
3 de febreiro de 1948 Editar o valor em Wikidata
Estocolmo, Suecia Editar o valor em Wikidata
Morte5 de outubro de 2015 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Gotemburgo, Suecia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaÖrgryte old cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoNovela detectivesca, literatura infantil e xuvenil e Drama Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , guionista , director de cinema , escritor de xénero policial , dramaturgo , escritor de literatura infantil , Activista polos dereitos humanos Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor em Wikidata - 2015 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela policial, social novel (en) Traducir, literatura xuvenil e Drama Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Participou en
Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2013 Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeEva Bergman (1998–2015)
FillosJon Mankell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiIvar Mankell (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webhenningmankell.es Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0542520 Allocine: 147663 Allmovie: p238340
Musicbrainz: 9c5fa1fc-f9d8-491a-87cb-507972a0ad43 Discogs: 518279 WikiTree: Mankell-1 Find a Grave: 153281574 Editar o valor em Wikidata
Henning Mankell na Feira do Libro de Göteborg, en 2005)

Henning Mankell, nado en Estocolmo o 3 de febreiro de 1948[1] e finado o 5 de outubro de 2015[2], foi un escritor e dramaturgo sueco. Gozou de sona internacional debido á súa serie de novelas sobre o inspector Kurt Wallander [3].

Traxectoria

Aínda que nado en Estocolmo, pasou a súa infancia nas vilas de Sveg e Borås [1]. Con 20 anos principiou a súa carreira como autor e axudante de dirección no Riks Theater de Estocolmo, colaborando posteriormente con outros teatros de Suecia [4]. As súas primeiras obras teatrais pretendían ser unha forma de denunciar as desigualdades da sociedade da época [5]. Durante parte da década de 1980 foi o director do Kronobergsteatern de Väjxö, onde obtivo un salientábel éxito de audiencia ao apostar por producir só obras de teatro suecas [5]. En 1985 fundou o Teatro Avenida en Maputo (Mozambique) [4], onde residiu parcialmente os derradeiros anos da súa vida. En 2001 cofundou a súa propia editorial – Leopard Publishing House [5] - coa intención de apoiar novos talentos tanto de África como da propia Suecia [4].

Os seus libros están traducidos a 41 idiomas e levan vendido máis de 30 millóns de copias en todo o mundo [6]. Contou tamén no seu haber con numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil, traballo que lle reportou en Suecia a mesma popularidade que a súa serie de novela negra.

En outubro de 2015 faleceu, vítima dun cancro de pulmón[7], diagnosticado en 2013. Estivo casado con Eva Bergman, filla do cineasta Ingmar Bergman [1].

Obra

Serie Kurt Wallander

O protagonista deste conxunto de novelas é un inspector de policía, Kurt Wallander, que vive e traballa en Ystad, no sur de Suecia. Á marxe dos escabrosos asasinatos cos que se teñen que enfrontar el e mais os seus colaboradores, Mankell vai presentando a personalidade do inspector ao longo da serie. Así, aparecen as súas reflexións persoais, coma a tormentosa relación co seu pai, a soidade post-divorcio, o distanciamento coa súa filla Linda, os seus problemas de saúde ou as precarias condicións do seu traballo coma policía; por outra banda, Mankell sérvese do personaxe para poñer de manifesto algúns dos problemas que, ao seu entender, afectan cada vez máis á sociedade sueca, coma o aumento da violencia ou a inmigración [1]. As obras que conforman esta serie son[8][9]:

Outras obras de novela negra

Obras de ficción

Triloxía sobre Sofía

Nestas tres obras Mankell conta a historia de Sofía, unha rapaza de Mozambique que sobreviviu a unha mina antipersoa [12]. A súa historia é a da loita contra a pobreza e a inxustiza nun país que se atopa entre os máis pobres do mundo.

Serie Joel Gustafson

Catro obras narran a vida de Joel, abandonado pola súa nai e criado polo seu pai, centrándose nos acontecementos que o fan evolucionar de neno a home [13].

Recoñecementos

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Ficha en Lecturalia
  2. http://www.ara.cat/suplements/llegim/Henning-Mankell-Literatura-Novel-la-Negra_0_1443455755.html Noticia da morte do escritor] no diario Ara o 5 de outubro de 2015. (en catalán)
  3. "Ficha en Tusquets-Editores". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2009. Consultado o 03 de xullo de 2009. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Ficha en Booksfactory". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2009. Consultado o 31 de maio de 2009. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Web Oficial Henning Mankell (Biografía)". Sitio web oficial do autor (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2012. Consultado o 03 de xullo de 2009. 
  6. "Web Oficial Henning Mankell (Entrevista)". henningmankell.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2009. Consultado o 03 de xullo de 2009. 
  7. "Henning Mankell: «Moriré de esta enfermedad»", ABC, 5 de outubro de 2015 (en castelán).
  8. "Mankell, Henning (1948-2015)". SUDOC. Consultado o 22 marzo 2018. 
  9. "Books". Henning Mankell : Author. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2018. Consultado o 22 marzo 2018. 
  10. "El Hombre Inquieto". www.leelibros.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2019. Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  11. Noticia sobre a derradeira publicación da saga Kurt Wallander en El Mundo (en castelán)
  12. "Sofia". Sitio oficial do autor (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2009. Consultado o 03 de xullo de 2009. 
  13. "Web Oficial Henning Mankell (Libros para nenos e mozos)". Sitio oficial do autor (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2009. Consultado o 03 de xullo de 2009. 
  14. 14,0 14,1 "Hunden som sprang mot en stjärna". www.kirjasampo.fi (en sueco). Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  15. "Henning Mankell". Thrillernord (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  16. 16,0 16,1 [1][Ligazón morta]
  17. 17,0 17,1 "LibraryThing". www.librarything.es. Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  18. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2009. Consultado o 03 de xullo de 2009. 
  19. "XV Edición". Premio San Clemente. Consultado o 22 marzo 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas