Hastings Banda
Nacemento15 de febreiro de 1898 e 1896
Lugar de nacementoKasungu
Falecemento25 de novembro de 1997
Lugar de falecementoXohanesburgo
NacionalidadeMalaui
Alma máterUniversidade de Edimburgo, Central State University, Universidade de Chicago, Meharry Medical College e Wilberforce University
Ocupaciónpolítico, diplomático e médico
PremiosOrder of the Lion
editar datos en Wikidata ]

Hastings Kamuzu Banda, nado preto de Kasungu en marzo ou abril de 1898 e finado en Xohanesburgo o 25 de novembro de 1997, foi un médico[1] e político que chegou a ser o primeiro presidente de Malaui. Gobernou dende o 6 de xullo de 1966 ata maio de 1994. Tamén foi primeiro ministro do país entre 1964 e 1966.

Traxectoria

Banda realizou gran parte dos seus estudos no estranxeiro e volveu ao seu país en 1958, denunciando o colonialismo.[2] Despois de conflitos de partidarios da independencia e as autoridades coloniais, Banda foi encarcerado en 1959. Ese mesmo ano fundou o Partido do Congreso de Malaui (Malawi Congress Party, MCP).[2]

Coa independencia do país o 6 de xullo de 1964, Banda converteuse no primeiro ministro durante os dous primeiros anos. En 1966 converteuse en presidente e a partir de 1971, foi presidente vitalicio. Banda suprimiu toda a oposición e encarcerou os seus líderes.[2]

Na política interior, favoreceu unha forma de tribalismo.[3] Como líder do bloque prooccidental en África recibiu apoio de Occidente durante a guerra fría.[4] En xeral, apoiou os dereitos das mulleres, mellorou as infraestruturas do país e mantivo un bo sistema educativo en relación con outros país africanos. Non obstante, presidiu un dos réximes máis brutais de África. O seu goberno totalitario torturou e asasinou opositores políticos. Os grupos de apoio aos dereitos humanos estiman que polo menos 6000 persoas foron asasinadas, torturadas e encarceradas sen xuízo.[5] Segundo estimacións puideron ser 18 000 persoas as asasinadas.[6][7] Foi desprezado por manter relacións diplomáticas totais coa Suráfrica da era do apartheid.

En 1993 enfrontouse á presión internacional e as amplas protestas. Un referendo acabou co sistema unipartidista e unha asemblea especial puxo fin á súa presidencia vitalicia, retirándolle a maioría dos seus poderes. Presentouse como candidato ás eleccións presidenciais de 1994, nas que foi derrotado. Banda faleceu nun hospital de Suráfrica en 1997. Estímase que a fortuna persoal que acumulou durante os anos que gobernou superaba os 320 millóns de dólares estadounidenses.[8]

Notas

  1. PubMedCentral.gov - British Medical Journal 1998 March 14; 316(7134): 868.
  2. 2,0 2,1 2,2 BBC News | Africa | Country Profiles: Malawi
  3. Boukari-Yabara, Amzat (2017). La Découverte, ed. Une histoire du panafricanisme. p. 310. 
  4. Kalinga, Owen J. M. (2012). Historical Dictionary of Malawi, Fourth Edition, p. 12
  5. Malawi Tries Ex-Dictator in Murder : Africa: Aging autocrat is one of few among continent's tyrants to face justice for regime's abuses, 21 de maio de 1995 L.A. Times.
  6. 17 de maio de 1994 Denver Rocky Mountain News
  7. 3 de decembro de 1997 Dallas Morning News
  8. "African Dictators - Kamuzu Banda: The Control-Freak". PoliticalArticles.Net. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2008. Consultado o 22 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas