Harvey Weinstein | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 19 de marzo de 1952 |
Lugar de nacemento | Nova York |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Pobo xudeu |
Alma máter | Universidade do Estado de Nova York en Buffalo, John Bowne High School e State University of New York at Buffalo School of Management |
Ocupación | produtor de cinema, produtor delegado, actor, director de cinema e guionista |
Cónxuxe | Georgina Chapman |
Irmáns | Bob Weinstein |
Premios | Cabaleiro da Lexión de Honra, Comandante da Orde do Imperio Británico, Óscar ó mellor filme, BAFTA e Premio Hugo á mellor presentación dramática |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Harvey Weinstein, nado en Nova York o 19 de marzo de 1952, é un produtor de cine estadounidense e antigo exectivo de estudio de cine. El e o seu irmán Bob Weinstein cofundaron Miramax, que produciu numerosos filmes independentes populares como Pulp Fiction, Clerks, The Crying Game e Sex, Lies, and Videotape.[1] Harvey gañou un Premio Oscar por producir Shakespeare in Love, e gañou sete Premios Tony por producir varias obras e musicais, incluíndo The Producers, Billy Elliot the Musical e August: Osage County.[2]
Weinstein e o seu irmán foron os presidentes de The Weinstein Company dende 2005 até 2017. En outubro de 2017, despois das numerosas alegacións de acoso sexual, asalto e violación que saíron á luz na súa contra, Harvey Weinstein foi despedido pola xunta directiva da súa compañía, e expulsado da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas.[3]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Harvey Weinstein ![]() |