Infotaula de personaGumersindo Pardo Reguera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1847 Editar o valor em Wikidata
Valgos, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de abril de 1916 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , farmacéutico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 294362 BNE: XX5199200

Gumersindo Pardo Reguera, nado en Valgos (A Ribeira, Cervantes) o 24 de xaneiro de 1847 e finado na Coruña o 28 de abril de 1916, foi un farmacéutico e pintor galego. Retratou á burguesía coruñesa cun estilo realista, minucioso e veraz.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa primeira actividade laboral foi como delineante de estradas e camiños. Xa casado, fixo a carreira de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose cun dos dous premios extraordinarios do ano 1880 (entre 1.399 alumnos). Despois estableceuse en Lugo, colaborando na vacinación contra a varíola. Foi catedrático de Química na Universidade de Granada. Deixou Granada e retornou á Coruña para ser profesor na Escola de Artes Industriais e na de Belas Artes. Abriu despacho de farmacia no número 96 da rúa Real e actuou como perito en xuízos por envelenamento.[1]

Foi concelleiro da Coruña representando aos monárquicos e formou parte da comisión de facenda. Pertencente á directiva do Colexio Farmacéutico Provincial, representou ao colectivo en Madrid, na asemblea nacional de 1899.[2]

Afeccionado á arte, comezou a pintar pasados os corenta anos de idade, retratando a Ramón Pérez Costales e a Manuel Pereiro Caeiro. Participou na Exposición Nacional de Belas Artes en 1895, e na de 1904 logrou mención honorífica. Retratista de corte moi realista, compartiu esta actividade na Coruña con Román Navarro. No paisaxismo ten semellanzas con Dionisio Fierros. Foi membro de número e secretario da Real Academia Galega de Belas Artes, e correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.[3]

Pompas de xabón, 1892 (Col. Pardo Yáñez).[4]

Exerceu unha importante influencia sobre, o daquela neno, Pablo Ruiz Picasso, amigo do seu fillo, Antonio Pardo, durante a época no que o malagueño residiu na Coruña.[5]

Caravana, 1900 (Colección Afundación).[3]

Finou por unha uremia na Coruña o 28 de abril de 1916[6] e foi enterrado no Cemiterio de Santo Amaro. A súa obra consérvase na Deputación da Coruña, que garda un retrato do rei Afonso XIII,[7] no Museo Provincial de Lugo,[8][9] na Colección Afundación[3] e noutras coleccións particulares.

Con motivo do centenario do seu pasamento, fixéronse dúas exposicións da súa obra, comisariadas por Rubén Ventureira Novo, a primeira no Museo de Lugo, do 11 de agosto ao 20 de novembro de 2016, e a segunda no PALEXCO da Coruña, do 17 de febreiro ao 26 de marzo de 2017.[10]

Obra escrita publicada

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Filomena García Reboredo e foi pai de catro fillos: Elena, Antonio, Mercedes e Gumersindo Pardo García.[1]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 de Cora, José (4/2/2019). "Pardo Reguera, de delineante a pintor, pasando por farmacéutico" (en castelán). 
  2. Visitas guiadas a la exposición del farmacéutico Pardo Reguera (21/3/2017) Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña (en castelán).
  3. 3,0 3,1 3,2 Gumersindo Pardo Reguera na Colección Afundación.
  4. 4,0 4,1 Gumersindo Pardo Reguera. Inspirador de Picasso. Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo.
  5. 5,0 5,1 García, Rodri (18/2/2017). "El farmacéutico que inspiró a Picasso". La Voz de Galicia (en castelán). 
  6. Necrolóxica en La Voz de Galicia (29/4/1916) p. 4.
  7. Catálogo del patrimonio artístico de la Diputación de A Coruña II. Artes plásticas (1990-2010) (2011). ISBN 978-84-9812-149-0 (en castelán).
  8. "Álbum: Gumersindo Pardo Reguera (Obra no MPLugo)"
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 "Sete novas obras de Pardo Reguera no MPLugo" 20/4/2017.
  10. "A Deputación cede 4 obras e 32 bonecos para a mostra Gumersindo Pardo Reguera, Inspirador de Picasso na Coruña". Drupal. Consultado o 2023-01-13. 
  11. Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 33. 
  12. Exposición «O primeiro Picasso. A Coruña: 2015» Concello da Coruña.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]