A guerra nuclear é a que se leva a cabo mediante o emprego de armas nucleares. Esta pode ser unha guerra nuclear limitada ou unha guerra nuclear total. A guerra nuclear ten as súas propias teorías e conceptos que foron variando ao longo das décadas.

Supomos que nunha guerra nuclear total a radiación e o cambio climático produto dela deixarían a atmosfera da Terra moi afectada e posiblemente sufririamos os efectos dun inverno nuclear. Os superviventes deberían realizar a reconstrución das infraestruturas do planeta nunhas condicións moi difíciles. A flora e a fauna sería afectada por centos de mutacións.

A guerra nuclear é un recurso utilizado comunmente na literatura de ciencia ficción que se puxo de moda nos anos 1960 durante a guerra fría, debido á tensión entre as dúas superpotencias, ambas as posuidoras de armas nucleares, o que derivou en multitude de relatos nos cales as armas nucleares eran as protagonistas.

Dependendo da potencia das armas, pódense clasificar en armas nucleares tácticas ou armas nucleares estratéxicas:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]