A súa carreira en solitario iniciouse co álbum Benzón, que se publicou en 2009.[1] Este disco foi moi aclamado pola crítica galega e a española, recibindo o Premio Opinión ao mellor disco folk do ano[2] e a candidatura á mellor canción en galego nos Premios da Música polo tema "Madama", no que colaboraban Pedro Pascual e Rosa Bugallo.[3]
Presentou o seu disco Lúas de outubro e agosto o 25 de novembro de 2014, Día Internacional da eliminación da Violencia contra a muller, no que inclúe a canción "Matriarcas" facendo unha homenaxe ás mulleres reais e a súa vida cotiá.[7] En 2016 presentou o seu terceiro álbum en solitario, titulado O mundo está parado.[8]
No mes de maio, con motivo das actividades do Día das Letras Galegas en 2017, participou nun acto organizado polo Centro de Formación e Recursos (CFR) co obxectivo de fomentar o canto coral nos colexios e institutos utilizando como base o repertorio de grupos e cantantes galegos actuais. Xuntáronse nunha nave do estaleiro Navantia uns mil estudantes de Primaria e Secundaria para gravar, xunto a Guadi Galego, o seu tema "Chea de vida" baixo a batuta de Ramón Bermejo.[9][10]
No ano 2018, colaborou con Iván Ferreiro na banda sonora da serie Fariña.[11] O 17 de maio, Día das Letras Galegas, actuou no programa televisivo Late Motiv de Andreu Buenafuente convidada expresamente como artista galega para actuar en directo nun programa estatal.[12][13] O 15 de outubro de 2018 foi recoñecida co premio do Día Internacional da muller rural[14] pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR) e a Deputación da Coruña.[15]
Premio Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002.
Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002.
Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002.
Nomeamento pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002.
Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007.
Premio Opinión outorgado pola crítica galega ao segundo mellor álbum galego por 10.0 no 2007.
Finalista do premio ao mellor álbum en galego na edición dos Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007.