Un gonzo[1] ou bisagra[2] é un dispositivo que está constituído por dúas pezas metálicas articuladas que posibilitan o xiro de portas, fiestras ou paneis de móbeis. Unha das dúas pezas vai unida á folla e xira sobre un eixe, permitindo o seu movemento circular.
A variedade de modelos presentes no mercado é enorme e adáptase en forma e tamaño ás súas múltiples utilidades. Os materiais de fabricación pódense concentrar en dous grandes grupos: o plástico e o metal (aceiro, cinc, latón, bronce etc.).
Os gonzos clasifícanse segundo: