Ghouroub Edhilal | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | غروب الظلال |
Director | Mohammed Lakhdar-Hamina |
Produtor | Mohammed Lakhdar-Hamina Tarek Lakhdar-Hamina |
Guión | Mohammed Lakhdar-Hamina |
Intérpretes | Samir Boitard |
Música | Vangelis |
Fotografía | Alessandro Pesci |
Montaxe | Hervé de Luze Marie-Pierre Renaud |
Estrea | 2014 |
Duración | 114 minutos |
Orixe | Alxeria |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Ghouroub Edhilal (en árabe: غروب الظلال) é un filme alxeriano de 2014 dirixido por Mohammed Lakhdar-Hamina. O filme foi escollido como candidato de Alxeria para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]
A historia desenvólvese no contexto da guerra de Alxeria. Un comandante francés decidido, que cre que Alxeria pertence a Francia, debe tratar cun soldado que se rebela cando se lle pide que execute a un loitador pola liberdade alxeriana. O final desenvólvese no deserto abrasador mentres o soldado tenta fuxir.[2]