Ghats occidentais | |
---|---|
Ghats occidentais dende Gobichettipalayam, Tamil Nadu | |
Localización | |
Continente/s | Asia |
País/es | India |
Coordenadas | 10°10′N 77°04′L / 10.167, -77.067Coordenadas: 10°10′N 77°04′L / 10.167, -77.067 |
Datos | |
Principais cumes | Anamudi |
Cota | 2695 msnm |
Superficie | 160000 |
Lonxitude | 1600 |
Ancho | 100 |
Ghats occidentais | |
---|---|
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
Tipo | Cultural |
Criterios | Natural: ix, x |
Inscrición | 2012 |
Rexión da UNESCO | Asia e Pacífico |
Identificador | 1342 |
Os Ghats occidentais (en tulu e kanarés: ಸಹ್ಯಾದ್ರಿ; en marathi e konkani: सह्याद्री; en malayalam: സഹ്യാദ്രി / സഹ്യപര്വതം; e en támil: மேற்குத் தொடர்ச்சி மலைகள்), tamén coñecidos como Sahyadri ("montañas benevolentes"), son unha cadea montañosa da India. Percorre ao longo o bordo occidental da meseta do Deccan, e sepáraa do mar Arábigo un estreito chan costeiro. Atravesa os estados de Tamil Nadu, Kerala, Karnataka, Goa, Maharashtra e Gujarat.[1] Foi declarado Patrimonio de Humanidade pola UNESCO en 2012[2] e é un dos oito puntos quente da diversidade biolóxica no mundo.[3][4]Contén unha gran proporción da flora e da fauna da India, con moitas especies que só se atopan nese país.[5] Polo menos 325 especies ameazadas habitan nos Ghats occidentais.[6][7][8]
Comezan ao sur do río Tapti preto do límite entre Gujarat e Maharashtra, e percorre aproximadamente 1600 quilómetros polos estados de Maharashtra, Goa, Karnataka, Kerala e Tamil Nadu, ata chegar ao cabo Comorín na cidade de Kanyakumari, no sur da península india.
A elevación media está arredor dos 900 metros.
Os picos máis altos localízanse na zona norte, en Maharashtra, salientando o Kalsubai (1646 m), o Mahabaleshwar (1438 m) e o Harishchandragad (1424 m). Ao suroeste do estado de Karnataka, están tamén o Kudremukh (1862 m) e o Mullayanagiri (1925 m). Na parte sur da serra, está o Anai Mudi, no estado de Kerala con 2695 m, que é o pico máis alto dos Ghats occidentais.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ghats occidentais |
A Galipedia ten un portal sobre: India |