Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1950 (73/74 anos) Nablus |
Datos persoais | |
Residencia | Santiago de Compostela |
País de nacionalidade | Cisxordania |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Ghaleb Jaber Ibrahim, nado en Ainablus (Nablus) en 1950, é un médico e empresario palestino asentado en Santiago de Compostela. É propietario do hotel Araguaney e da produtora de televisión CTV, responsable de programas como o Supermartes e da produción do telefilme Novo de Parmuíde.
Ghaled Jaber vivía como agricultor en Cisxordania, fillo dun militar do exército xordano. Durante a guerra dos Seis Días, con 17 anos, emigrou coa súa familia, cruzando o río Xordán. Trala súa chegada a Compostela, comezou a estudar Medicina na USC, rematando seis anos despois. Completou a súa formación cun máster en Dirección de Empresas e un doutoramento en Xornalismo.
A súa dona, Regina, é filla dun rico emigrante galego en Venezuela. Trala morte do seu sogro, herdou a súa fortuna. Teñen cinco fillos.
En abril de 1984 constituíu a Fundación Araguaney, da que é presidente. Publicou dous libros en castelán: Palestina, crónica de una injusticia (Ir Indo, 2002) e Génesis de Israel (2004).