Gene Kelly
Kelly en 1943.
Nome completoEugene Curran Kelly
Nacemento23 de agosto de 1912
LugarPittsburgh, Pensilvania
Falecemento2 de febreiro de 1996 (83 anos)
LugarBeverly Hills, California
CausaIctus
SoterradoWestwood Village Memorial Park Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Etniaestadounidense
Relixióncatólico non practicante e Agnosticismo
Educado enUniversidade de Pittsburgh, Pennsylvania State University e Peabody High School
PaiJames Patrick Kelly
NaiHarriet Catherine Curran
Cónxuxe(s)Betsy Blair (1941-1957)
Jeanne Coyne (1960-1973)
Patricia Ward (1990-1996)
ProfesiónActor, bailarín, coreógrafo, cantante
Na rede
IMDB: nm0000037 Allocine: 1538 Rottentomatoes: celebrity/gene_kelly Allmovie: p97107 57646 TV.com: people/gene-kelly IBDB: 15285
Musicbrainz: aaff7c7e-5793-4fa7-9a7c-9af3b45e8132 Discogs: 182929 Allmusic: mn0000802791 WikiTree: Kelly-6819 Find a Grave: 3566 Genius: Gene-kelly Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Eugene Curran Kelly, nado en Pittsburgh, Pensilvania o 23 de agosto de 1912 e finado en Beverly Hills, California o 2 de febreiro de 1996 foi un actor, director, bailarín e coreógrafo estadounidense.

Traxectoria

Aos oito anos el e o seu irmán máis vello James foron apuntados pola súa nai nunha escola de danza. Ambos os dous rebeláronse, mais Gene acabaría volvendo á danza por iniciativa propia. Marchou á universidade para estudar xornalismo, pero a crise económica fixo que tivese que buscar traballo, bailando co seu irmán máis novo, Fred, en concursos de talento e clubs nocturnos.

En 1931 comezou os estudos de economía na University of Pittsburgh, chegando a ser director do Cap and Gown Club, entre 1934 e 1938. Durante eses anos a súa familia creou un estudio de baile, na que Kelly era profesor.

Finalmente decidiu dedicarse exclusivamente á danza, conseguindo o seu primeiro traballo en Broadway en 1938. Pouco despois comezaron a chegar ofertas de Hollywood, mais non marchou de Nova York ata 1941, ano no que asinou un contrato con David O. Selznick.

Kelly levou a Hollywood a Stanley Donen como axudante de coreografía, pero finalmente ambos os dous codirixirían varios filmes, sendo o primeiro On the Town. Tras a idade de ouro dos musicais volveu ao teatro, facendo algunhas aparicións no cinema e na televisión.

A finais da década de 1980 a súa saúde declinou, finando en 1996 por complicacións tras un infarto.

Filmografía

Ano Filme
1942 For Me and My Gal
1943 Du Barry Was a Lady
1943 Thousands Cheer
1944 Cover Girl
1945 Levando áncoras
1945 Ziegfeld Follies
1947 Living in a Big Way
1948 The Pirate
1948 The Three Musketeers
1949 Take Me Out to the Ball Game
1949 On the Town
1950 "Black Hand"
1950 Summer Stock
1951 An American in Paris
1952 Singin' in the Rain
1954 Brigadoon
1954 Deep in My Heart
1955 Sempre fai bo tempo
1956 Invitation to the Dance
1957 Les Girls
1958 Marjorie Morningstar
1960 Inherit the Wind
1960 Let's Make Love
1964 What a Way to Go!
1966 Les Demoiselles de Rochefort
1974 That's Entertainment!
1980 Xanadu

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas