Infotaula de personaGata Cattana

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de maio de 1991 Editar o valor em Wikidata
Adamuz, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de marzo de 2017 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortechoque anafilático (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Granada Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrapeira , poetisa , música Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor em Wikidata -
Pseudónimo literarioGata Cattana
Ana Sforza Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Facebook: GATACATTANARAP Twitter: GataCattana Youtube: UCi8YOF79Ib1yqcYJZzsbQ1A BNE: XX5760347 Bandcamp: gatacattanaSouncloud: gatacattana Spotify: 4aW7Oc19mMo4LTbdomZKgo iTunes: 1069792178 Last fm: Gata+Cattana Musicbrainz: cf65f18b-117f-4429-bfad-602886f6a183 Discogs: 5968932 Genius: Gata-cattana Editar o valor em Wikidata


Ana Isabel García Llorente, nada en Adamuz (provincia de Córdoba) o 11 de maio de 1991 e finada en Madrid o 2 de marzo de 2017, foi unha artista, cantante, poeta, feminista e politicóloga andaluza, máis coñecida polos seus nomes artísticos Gata Cattana e Ana Sforza[1][2][3]

Conseguiu combinar diversas temáticas e estilos de tal forma que forxou un rap único cargado de poesía e mensaxes reivindicativas de corte feminista e político, unido ocasionalmente a ritmos flamencos que á súa vez lograba enfocar desde un son máis electrónico. Outras das súas temáticas recorrentes son a cultura de Andalucía, motivos históricos e da mitoloxía da Idade Antiga, en particular da cultura clásica e do antigo Exipto, así como tamén referentes da poesía, a filosofía, o ensaio, a narrativa e a cultura de masas. A diversidade dos seus temas abarcou desde o materialismo dialéctico, o andalucismo político-cultural e a antiglobalización até a introspección, o existencialismo e o seu reflexo na contemporaneidade, sempre desde unha visión feminista social, de igual forma toda a súa obra está marcada por unha procura ou desexo de transcender a Historia por medio da creación artística.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A obra de Ana atópase nun límite difuso entre a poesía e o rap, tal e como ela dicía. Aínda que si diferenciaba como sentía a súa poesía e o seu rap, para ela a poesía era algo moi íntimo, que sacaba de dentro e era libre, sen ritmo. Mentres que no rap primaba a musicalidade das letras para que chegase á xente. Nunha das súas entrevistas, citaba a Quevedo e a Góngora, referíndose a eles como máis rapeiros que outros tantos da actualidade, e afirmaba que na actualidade ser poeta era ser rapeiro. A si mesma considerábase un híbrido entre ambos. Presentou un poemario autoeditado, A escala de Mohs (Homostultus Edicións, novembro de 2016).[5] Xunto co poemario publicou un EP titulado Inéditas.

Un dos artistas que máis lle influíu foi El Niño de Elche, que consideraba tiña o carácter reivindicativo que adoita aparecer na súa música, na que o flamenco é un referente esencial. Outra das constantes ao longo da súa obra son as alusións a Lorca, así como a obras do autor, Yerma ou Bernarda Alba. De forma paralela, ten unha progresión na que pasa dunha lírica con referencias exclusivamente cultas a buscar reapropiarse de elementos da cultura popular, non só andaluza, senón que en xeral refírese ás xergas españolas e o quinqui que doutra maneira acabaría esquecida. Este último concepto afirma que se foi consagrando nos últimos tempos.

Como poeta crece á calor de recitais undergound -recitou nunha cova de Granada- e do torneo de poesía en vivo Poetry Slam Granada, que gañou na tempada 2015/2015, un formato que chegou a introducir na súa cidade, Córdoba, en marzo do mesmo ano 2015, e á vez que desenvolve a súa faceta de rapeira seguiu penetrándose en diferentes veladas do ámbito da poesía (Versódromo 2016, Poesía o Barbarie) ou volvendo a Poetry Slam Granada como convidada de honra en febreiro de 2016.

A súa concepción do rap buscaba romper co purismo que caracterizaba ao estilo e non quedar ancorado en tempos pasados, recoñecía que ao longo da súa obra sufrira unha evolución pasando dese estilo máis purista a sacar todo o que ela tiña dentro, vertendo toda a súa creatividade. Supón unha apertura ao trap, e a novas temáticas, “Se ti queres dicir que o fas por pasta, que che interesa a pasta e, que… ou es unha tía, e dis que che gusta mover o cu, que che gusta este rolo, mólame o reggaeton, por que non? Para min é unha liberación”. Esta apertura a novos horizontes no rap, veo como unha oportunidade para que máis mulleres participen dentro do xénero e existan novos puntos de vista con novas temáticas que noutro caso xamais se darían.

Definía o seu rap como feito para xente esperta que constantemente estaba informada xa que adoitaba recorrer a alusións históricas ou mitolóxicas para facer referencia a eventos acaecidos no presente, ou polo menos ter un carácter curioso. Por outra banda adoitaba tentar transmitir as súas mensaxes e ideas de forma sutil, sobre todo nos últimos tempos.

Gata Cattana era unha grande esperanza do rap feminista e andaluz. Semanas antes de morrer tocou na madrileña salga Sol. Deixa un disco inédito, Banzai, producido por David Unison- que tiña prevista a súa publicación na primeira metade do ano 2017. Neste último disco realizou unha introspección buscando todo aquilo que puidese achegar ao rap e poder realizar ao fin un LP cun concepto claro e profundo, esta idea concorda co concepto que hai detrás do nome do disco. A palabra Banzai, de orixe xaponesa, fai referencia ao berro xaponés dos samurais cando van combater ou a suicidarse tras perder a batalla, para ela supuña a súa antes e despois á hora de crear o disco e que vise a luz, "E é xustamente iso o disco. É como ir á batalla e quedarme tranquila, soltalo todo".

A morte da artista, debido a un choque anafiláctico grave, deixou no aire a publicación do seu disco Banzai pero finalmente saíu á luz o 19 de outubro de 2017. O custo da publicación da súa obra póstuma foi sufragado tanto pola familia, como amigos e xente que traballou con ela, así mesmo a través de varios proxectos que se foron lanzando. A súa publicación supón unha homenaxe a Ana. Para a súa nai, tamén chamada Ana, a súa publicación supón cumprir co que se merece pola súa obra e figura e que dada a súa xenialidade tan pouco lle faltou por alcanzar.[6][7]

O nome artístico Gata Cattana xorde como unha proxección dos desexos da autora por converter a nena que era na muller actual, na que escribe e actúa, con todo, o personaxe, en palabras da autora, posuíuna. Ao final Ana pasa a converterse no que escribía, na proxección do que pensaba. Mentres que a si mesma defínese como unha moza normal, dun pobo recóndito e envorcada na poesía, sensible e comprometida, máis filosófica e profunda que o personaxe de Gata Cattana, que é a combativa e que domina, vindo reiterar o anterior. Cattana orixinalmente era un grupo da súa época en Granada cunha das súas mellores amigas, chamada Anabel, e é unha unión entre Gata e Ana. Tras a disolución do grupo, debido ao seu abandono da música, Gata decidiu adoptar Cattana como apelido en honra de devandito grupo.[8]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. «La última gran esperanza de las mujeres en el rap: Gata Cattana.» 16 de enero de 2017. El País.
  2. «Conoce a gata cattana, la poetisa que hace rap para la eternidad.» 14 de febrero de 2017. Arquivado 21 de marzo de 2017 en Wayback Machine. Vice.
  3. «La rapera Gata Cattana muere a los 26 años.» 2 de marzo de 2017. Eldiario.es.
  4. hablamos con Gata Cattana ¿Rapera, trapera o poeta? #Wag1Meets, Wag1 Magazine, 6 de febreiro de 2017 (en castelán).
  5. "Gata Cattana presenta su primer poemario "La escala de Mohs" en Madrid". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2018. Consultado o 09 de abril de 2018. 
  6. "El disco póstumo de Gata Cattana verá la luz en otoño". 
  7. "El disco póstumo de Gata Cattana verá la luz en septiembre". 
  8. Entrevista a Gata Cattana, FurorTV, 23 de novembro de 2016 (en castelán).