Vexa a entrada do Galizionario acerca de gamela |
Unha gamela é unha embarcación costeira pequena, que se usa na pesca de baixura ou como embarcación auxiliar doutra maior. Ten a proa e a popa chatas, e o fondo plano. As dimensións varían dende 1,5 m de eslora e 0,8 m de manga das auxiliares máis pequenas ata os 5 m de eslora e 2 m de manga que ten a gamela da Guarda.
Este tipo de embarcación xeralmente manéxase a remo, aínda que existen variantes a vela, coma a gamela curuxeira que evolucionan cunha vela de religa.
Actualmente a zona da popa vese modificada para poder incorporar un pequeno motor fora borda.
A feitura das gamelas obedece á necesidade dunha embarcación costeira, auxiliar das mais grandes, que permita mover mercancía e persoas en zonas de moi pouco calado, como baixíos e praias. O fondo plano permite sacar da auga a embarcación nas praias con moi pouco esforzo, para deixala fóra do alcance das mareas.
A gamela curuxeira é unha gamela que evoluciona a vela, típica da ría de Vigo (áreas de Vigo, Coruxo, Nigrán e Baiona). A feitura é moi similar á gamela a remos tradicional, pero que posúe un mastro a un terzo da proa que sostén unha vela de relinga. A popa dispón dun temón de grandes dimensións que actúa ademais como orza, evitando o abatemento propio das embarcacións a vela.
A gamela da Guarda é unha das embarcacións tradicionais de Galicia máis antigas que se coñecen. Xeralmente de 5 metros de eslora e 2 m de manga, habitualmente era construída en madeira de piñeiro para facela máis liviá.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gamela |
Clasificación | arte de anzol, arte de arrastre, arte de arrastre-cerco, arte de arrastre de fondo, arte de arrastre peláxico, arte de cerco, arte de deriva, palangre de fondo, palangre de superficie |
---|---|
Tipos | angazo • *baca • *beta • bicheiro • *biturón • *boitirón • boliche • bou • bou de man • bou de vara • *buitrón • can da ameixa • cavador • cerco • cerco de xareta • chinchorro • endeño • facho • fisga • frisga • forquita • fouciño • fouza • francada • gancha • gancho • liña • mediomundo • miño • nasa • palangre • *palangrillo • paraferra • pincho • piobardeira • racú • raeira • raño • rapa • rapeta • rasca • rasco • raspa • raspeta • raspita • rasqueta • rasquete • rasquiño • rasto • rastro • recú • rinseiro de nasas • sacho • salabardo • sardiñal • tala • tanga • tanza • tarrafa • trasmallo • trueiro • truel • vaca • veta • viturón ou voitirón • *voiturón • volanta • xeito |
Outras denominacións e artes | cedazo • chinche • trilla • sacada • secada • sisga • trabuquete • *xábega • xávega |
Termos relacionados | |
Tecnoloxía | Elementos básicos: anzol; rodel • boia/flotador • lastre/chumbo • resón/rezón/rizón • áncora Rede e partes: rede: malla • pano • peza; cope/copo • coroa • mesa • manga • viseira • bocana • perna/á/banda • ?batadero • dosena Cordiame e cables: cordiame; relinga • tralla • cala • calón/cúa • vento • xareta Outros: porta • retranca/tangón |
Embarcacións | |
As denominacións en cursiva, aínda que posiblemente válidas, non son as contempladas polo Decreto 424/1993 da Xunta de Galicia (DOG nº13 de 20/01/1994) e non está confirmada e documentada (de momento e coa referencia dada) a súa equivalencia co resto. As precedidas de asterisco (*), están especificamente proscritas polo VOLG. Así por exemplo, palangrillo está no DOG pero non no VOLG. |