Galera pode designar calquera tipo de navío movido a remos. Algunhas variacións posúen mastros e velas para auxiliar a propulsión; eran navíos moi usados no Mediterráneo.
A orixe do vocábulo é escuro, procede do grego medieval γαλέα [galéa], talvez relacionado con galeos.[1]
Algunhas fontes definen con máis precisión o que é unha galera: un tipo de veleiro de tres ou máis mastros e vela redonda,[2] en todos eles, movida a remos ou a vela. Longa e de baixo bordo, este navío servía tanto a mariña de guerra, como a mercante.[3]
Galeote é o nome que se lle daba aos remeiros das galeras como condenado ou como cativo.[4]
Contrariamente á crenza xeneralizada, non se empregaban escravos como remeiros nas galeras, nin polos bizantinos nin polos árabes, nin sequera polos seus predecesores romanos e gregos.[5] Ao longo da existencia do imperio, as tripulacións bizantinas eran maioritariamente constituídas por homes nacidos libres de clases baixas, que eran soldados profesionais, obrigados por lei a prestar servizo militar (strateia) en troques de pagamento ou terras.
Os pagamentos eran dúas a tres libras (0,91 a 1,4 kg) de ouro.[6] No entanto, tamén se empregaban estranxeiros prisioneiros de guerra.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Galera |