Gaceta de Galicia | |
---|---|
Exemplar do 16 de xullo de 1885. | |
Fundación | 1 de xaneiro de 1879 |
Remata | 30 de novembro de 1918 |
Propietario | Manuel Bibiano Fernández |
Director | Manuel Bibiano Fernández Joaquín Arias Sanjurjo Manuel Álvarez Uzal Antonio Fernández Tafall |
Colaboradores | Valentín Paz-Andrade |
Tendencia | monterista |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
Periodicidade | diario |
Predecesor | El Diario de Santiago |
Sucesor | El Noticiero Gallego |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Gaceta de Galicia foi un xornal que se editou en Santiago de Compostela entre 1879 e 1918.[1]
Apareceu o 1 de xaneiro de 1879, como continuación de El Diario de Santiago,[1][2] con Manuel Bibiano Fernández como propietario e primeiro director. Foi un periódico de orientación política liberal vinculado a Eugenio Montero Ríos,[1] polo que foi cualificado de "monterista". En 1887 dirixiuno Joaquín Arias Sanjurjo e ao ano seguinte Manuel Álvarez Uzal. Foi o seu redactor xefe Eusebio Alonso Vieites. Dende o 30 de decembro de 1892 exerceu como director Antonio Fernández Tafall. Cesou a súa publicación en outubro de 1915 pero reapareceu de inmediato, o 1 de febreiro de 1916, refundido con Voz del Pueblo e con Ramón Rivera Torres como propietario e director. En novembro de 1917 pasa a dirixilo o avogado Francisco Vázquez Enríquez, e comezan as colaboracións de Valentín Paz-Andrade. O 30 de novembro de 1918 desaparece definitivamente. Foi substituído por El Noticiero Gallego.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gaceta de Galicia |