Gabriel Bibron
Nacemento20 de outubro de 1805
Lugar de nacementoParís
Falecemento27 de marzo de 1848
Lugar de falecementoSaint-Alban-les-Eaux, Loira
Causatuberculose
Nacionalidadefrancesa
Alma máterUniversidade de París
Ocupaciónzoólogo, herpetólogo
CónxuxeJeanne Belloc
Profesiónzoólogo
OrganizaciónUniversidade de París
editar datos en Wikidata ]

Gabriel Bibron, nado o 20 de outubro de 1805 en París, e finado o 27 de marzo de 1848 en Saint-Alban-les-Eaux, departamento de Loira, foi un zoólogo francés especializado en herpetoloxía.

Traxectoria

Fillo dun empregado do Museo Nacional de Historia Natural de Francia, recibiu formación temperá en historia natural e foi empregado para reunir coleccións de vertebrados en Italia e Sicilia. Formou parte da expedición científica a Morea.

En abril de 1826 casou con Louise Rousseau.

En 1832 coñeceu a André Marie Constant Duméril, converténdose no seu amigo e asistente. Colaborou con el en particular co monumental tratado Erpétologie générale, ou, Histoire naturelle complete des reptiles. 1835–1850, 9 volumes. París: Librairie Encyclopédique de Roret.

Tratou tamén con moitos colegas estranxeiros, entre eles Thomas Bell e John Edward Gray.

Na Erpétologie générale Duméril dedicouse principalmente á descrición dos xéneros, deixando a Bibron a das especies.

En febreiro de 1842 casou por segunda vez con Jeanne Belloc, irmá do pintor Jean-Hilaire Belloc.

Afectado de tuberculose, retirouse en 1845, establecéndose en Saint-Alban, onde morreu aos 42 anos.

Obra

Epónimos

Bibron foi conmemorado nos epítetos científicos de dez especies de réptiles.[1]

Abreviatura

A abreviatura Bibron emprégase para recoñecer a Gabriel Bibron como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

  1. Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Bibron", p. 25).

Véxase tamén

Bibliografía