G.I. Joe: The Rise of Cobra | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | G.I. Joe: The Rise of Cobra |
Director | Stephen Sommers |
Produtor | Lorenzo di Bonaventura |
Guión | Stuart Beattie Skip Woods |
Intérpretes | Brendan Fraser Sienna Miller Joseph Gordon-Levitt Channing Tatum Rachel Nichols Dennis Quaid Jonathan Pryce Marlon WayansIan Hart |
Música | Alan Silvestri |
Fotografía | Mitchell Amundsen |
Montaxe | Bob Ducsay Jim May |
Estudio | Spyglass Entertainment Di Bonaventura Pictures Hasbro |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 2009 |
Duración | 118 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | $175 000 000 |
Recadación | $302 469 017 |
Filme seguinte | G.I. Joe: Retaliation |
Na rede | |
http://www.gijoemovie.com | |
|
G.I. Joe: Rise of Cobra é unha película estreada o 7 de agosto de 2009 en Estados Unidos, baseada nunha liña de figuras de acción. Baixo a dirección de Stephen Sommers (Van Helsing), e o guión a cargo de Stuart Beattie (30 Days of Night) e Skip Woods (Hitman).
Unha unidade militar de elite composta por axentes especiais coñecida como G.I. Joe enfróntase a unha organización terrorista liderada por un importante fabricante de armas, James McCullen, que xunto aos seus secuaces tenta apoderarse dunha nova nanotecnoloxía que el mesmo creara para a OTAN, capaz de destruír cidades enteiras .
A historia céntrase en Duke, un oficial do exército, o seu amigo Ripcord, o seu recrutamento a G.I. Joe e como a historia pasada amorosa do primeiro está directamente vencellada coa baronesa, unha das líderes do grupo terrorista.