(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xaneiro de 1955 (69 anos) Güín, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Filoloxía |
Actividade | |
Ocupación | poeta , filólogo |
Xénero artístico | Ensaio, teatro, poesía |
Lingua | Lingua portuguesa |
Francisco Salinas Portugal, nado en Güín (Bande)[1] o 26 de xaneiro de 1955, é un estudoso da literatura galega e poeta.
Trasladouse a Santiago de Compostela para cursar os seus estudos de Filoloxía Románica e nesta cidade entrou en contacto con personalidades da cultura galega (como Ricardo Carvalho Calero) e comezou a destacar como poeta. Foi membro do colectivo Alén. Ensaísta experto nas literaturas de lingua portuguesa, realizou a súa tese de doutoramento sobre o escritor angolano Pepetela. Foi profesor titular na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, na que se xubilou.
Premio da AELG á mellor obra de poesía do ano 2012, por Boca da cobra. Ex-aequo con Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Salinas Portugal |