Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xullo de 1940 Vigo, España |
Morte | 4 de setembro de 1977 (37 anos) Bogotá, Colombia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Pseudónimo literario | Cuco Cerecedo |
Lingua | Lingua castelá |
Francisco González Cerecedo, tamén coñecido como "Cuco" Cerecedo, nado en Vigo o 20 de xullo de 1940 e finado en Bogotá o 4 de setembro de 1977, foi un xornalista galego.
Estudou dereito na Universidade de Salamanca e xornalismo na Escola Oficial de Madrid. Comezou a súa carreira no diario El Pueblo Gallego, e de aí pasou a traballar no semanario Blanco y Negro do diario madrileño ABC. Logo pasou ao Diario Madrid, onde comezou na sección de deportes e posteriormente, nacional. Tras o peche do xornal, foise á revista Posible, e posteriormente a Cambio 16 desde a súa fundación, profundando na información política. Nesas publicacións comezou a elaborar reportaxes sobre as condicións políticas e sociais dos países africanos e suramericanos.
Cerecedo morreu de forma súbita en Bogotá mentres acompañaba a Felipe González durante unha xira do secretario Xeral do PSOE por América Latina, debido a un aneurisma cerebral.
En outubro de 1962 recibiu o premio Martín Codax xunto con Gustavo Luca de Tena e o fotógrafo Secundino Iglesias Ortigueira pola serie As Rías Baixas, publicada en El Pueblo Gallego.[1]