Fosfatidilinositol (4,5)-bisfosfato | |
---|---|
1,2-Diacil-sn-glicero-3-fosfo-(1-D-mio-inositol 4,5-bisfosfato) | |
Identificadores | |
Número CAS | 245126-95-8 |
PubChem | 5497157 |
ChemSpider | 21169207 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C47H80O19P3 |
Masa molecular | 1042,05 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O fosfatidilinositol 4,5-bisfosfato (PtdIns(4,5)P2 ou PI(4,5)P2) é un fosfolípido que é un compoñente menor das membranas celulares. Ás veces chámaselle simplemente PIP2, aínda que non é o único fosfatidilinositol bisfosfato que hai. O PtdIns(4,5)P2 está enriquecido na membrana plasmática onde é o substrato para varias importantes proteínas sinalizadoras.[1]
O PtdIns(4,5)P2 fórmase principalmente pola acción das fosfatidilinositol 4 fosfato 5 quinases de tipo I a partir do fosfatidilinositol 4-fosfato (PI(4)P).
Os ácidos graxos do PtdIns(4,5)P2 son variables en diferentes especies e tecidos, pero os estudos realizados mostran que os ácidos graxos máis comúns son o esteárico en posición 1 e o araquidónico na 2.[2]
O PtdIns(4,5)P2 funciona como un intermediario na vía IP3/DAG, que se inicia pola unión de ligandos a receptores acoplados á proteína G que activan a subunidade Gq alfa. O PtdIns(4,5)P2 é un substrato que é hidrolizado pola fosfolipase C (PLC), que é un encima unido a membranas activado por medio de receptores proteicos como os receptores adrenérxicos α1. O PtdIns(4,5)P2 regula o funcionamento de moitas proteínas de membrana e de canles iónicas, como o canle M. Os produtos da catálise da PLC sobre o PtdIns(4,5)P2 son o inositol 1,4,5-trisfosfato (InsP3; IP3) e o diacilglicerol (DAG), que funcionan ambos como segundos mensaxeiros. Nesta fervenza, o DAG permanece na membrana plasmática e activa a fervenza sinalizadora ao activar a proteína quinase C (PKC). A PKC á súa vez activa outras proteínas citosólicas ao fosforilalas. O efecto da PKC pode ser revertido por fosfatases. O IP3 entra no citoplasma e activa os receptores IP3 do retículo endoplasmático liso (REL), que abren canles de calcio no REL, e mobilizan o Ca2+ cara ao citosol. O calcio participa na fervenza activando outras proteínas.
As PI 3-quinases de clase I fosforilan o PtdIns(4,5)P2 formando o fosfatidilinositol (3,4,5)-trisfosfato (PtdIns(3,4,5)P3). Tanto a PtdIns(3,4,5)P3 coma a PtdIns(4,5)P2 non só actúan como substratos para encimas senón que serven como fosfolípidos de atraque que se unen a dominios específicos que promoven o recrutamento de proteínas na membrana plasmática e a subseguinte activación de fervenzas de sinalización.
As canles de potasio rectificantes entrantes requiren o atraque de PtdIns(4,5)P2 para a actividade desta canle de potasio.[4][5]
O PtdIns(4,5)Pasub>2 (ou PIP2) é regulado por medio de diferentes compoñentes. Unha hipótese emerxente é que a concentración de PIP2 é mantida localmente. Algúns dos factores implicados na regulación de PIP2 son:[6]