Forno nunha pintura de Millet.

Un forno é un dispositivo que xera calor e que o mantén dentro dun compartimento pechado. Utilízase xeralmente na cociña para quentar, cocer ou secar alimentos.

A enerxía calorífica utilizada para alimentar un forno pode ser suplida directamente por combustión (leña, gas), radiación (luz solar), ou indirectamente por medio de electricidade (forno eléctrico).

Tipos de fornos

Boca dun forno de pan.
Forno en Galicia.

Usos

O forno convencional de cociña utilízase para enfornar, cocer, quentar ou asar comida. A lista de alimentos que se preparan deste xeito inclúe a carne, o peixe, o pan, os pasteis e outras sobremesas. Nalgúns países como na cociña india adóitanse empregar abundantemente e elaboran pratos especiais que se denominan ao tandoor (ao forno).

Na industria e a artesanía cerámica utilízanse fornos para cocer, secar e endurecer arxila.

Utilízanse distintos tipos de fornos para o secado de materiais húmidos, tales como madeira, pintura sobre metal etc.

Outro tipo de fornos utilízanse para a cremación.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos