A 69ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes celebrouse dende o 11 até o 22 de maio de 2016.[1] O director australiano George Miller foi o presidente do xurado para a competición principal.[2] O actor francés Laurent Lafitte foi o presentador das cerimonias de apertura e de peche do festival. O 15 de marzo anunciouse que a directora xaponesa Naomi Kawase exercería como presidenta de Cinéfondation e do Xurado das curtametraxes.[3] O filme Café Society, do director estadounidense Woody Allen inauguou o festival.[4][5]
A Palma de Ouro recaeu sobre o filme británico Eu, Daniel Blake, dirixido por Ken Loach,[6][7] que tamén foi o filme que clausurou o festival.[8] Na conferencia de prensa, Loach dixo que estaba "bastante aturdido" por ter gañado.[9]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2016 |
Galardóns |
|
---|---|
Galardóns outorgados por entidades independentes |
|
Edicións |
|