Ferrari Modulo | |
Matriz | Fiat S.p.A |
Fabricante | Ferrari |
País | Italia |
Deseño | Paolo Martin de Pininfarina |
Período | 1970 (unha unidade) |
Configuración | |
Tipo | Prototipo |
Carrozaría | Semi-monocasco |
Configuración | Motor central traseiro, tracción traseira |
Dimensións | |
Lonxitude | 4480 mm |
Anchura | 2040 mm |
Altura | 935 mm |
Distancia eixes | 2405 mm |
Peso | 900 kg |
Características técnicas | |
Motor | V12 |
O Ferrari 512 S Modulo é un prototipo de automóbil deseñado por Pininfarina para a marca de automóbiles italiana Ferrari, que se presentou no Salón do Automóbil de Xenebra de 1970. O Modulo foi ben recibido polos críticos e gañou 22 premios polo seu deseño.[1][2]
Baseado nun 512 S de competición, o Ferrari 512 S Modulo ten unha carrozaría extremadamente baixa (só 93 centímetros de altura) cun deseño de teito con cuberta deslizábel cara a adiante para permitir a entrada ao interior (unha única porta, denominada porta tipo cúpula). As catro rodas do vehículo están parcialmente cubertas. Outra característica especial do deseño é que consta de vinte e catro buracos na cuberta do motor situada na parte traseira, os cales permiten ver o motor.
O motor do Modulo é un Type 261C DOHC de 12 cilindros en V a 60°,[3] con 4994 cc (5,0 L) e unha potencia de 550 CV (410 kW) a 8500 rpm.[4] Ten unha caixa de cambios manual con 5 velocidades.