-
Provincia de Santiago de Compostela
O ferrado (tamén coñecida como tega nalgúns lugares) é unha medida galega, moi variábel dun lugar a outro. Dada a variedade existente, almanaques agrícolas como o ZZ, O Mintireiro Verdadeiro ou O Gaiteiro de Lugo adoitaban incluír unha equivalencia co sistema métrico decimal segundo as zonas xeográficas.
Inicialmente foi unha medida de superficie, non métrica, á que co tempo se lle foi atribuíndo unha equivalencia co sistema métrico decimal e equiparando a outras medidas de volume e masa.
O valor do ferrado varía moito entre os distintos concellos de Galicia. Un ferrado galego equivale a un celemín de Castela, que abrangue 537 m2 de extensión.
A cantidade de centeo, millo ou trigo contida nun ferrado era o importe que pagaban os pais da Galicia rural por aprenderlle aos seus fillos a ler, escribir e contar nas chamadas, por esta causa, escolas de ferrado, comúns nas aldeas galegas ata os anos 50-60 do século pasado, cando se xeneralizou o ensino público e obrigatorio.
Múltiplos e submúltiplos do metro | |
---|---|
Sistema anglosaxón | polgada cadrada · pé cadrado · iarda cadrada · rod cadrado · rood · acre · milla cadrada · legua cadrada |
Sistema tradicional galego | cuartillo · ferrado · fanega |