Un factor de virulencia é unha molécula producida por un axente infeccioso (bacterias, virus, fungos, protozoos) que contribúe ao carácter patóxeno (a virulencia) deses organismos e lles permite:
Os xentes infecciosos posúen unha gran variedade de factores de virulencia. Algúns forman parte do seu xenoma e son propios das bacterias, como as endotoxinas (lipopolisacárido), mentres que outros proveñen de elementos xenéticos móbiles, tales como os plásmidos e os bacteriófagos, como as exotoxinas. Os factores de virulencia codificados neses elementos xenéticos móbiles propáganse entre as bacterias por transferencia horizontal de xenes e poden facer que unha bacteria inofensiva se converta nun axente infeccioso. Unha bacteria como Escherichia coli O157:H7 tamén adquiriu a parte máis esencial da súa virulencia de elementos xenéticos móbiles. As bacterias gramnegativas segregan numerosos factores de virulencia na interface coa célula hóspede por medio do tránsito de vesículas a través da súa membrana externa para invadir a célula hóspede, nutrirse á súa expensa, e asegurar outras funcións de comunicación intercelular.
Numerosos axentes infecciosos converxeron a ter factores de virulencia similares para escapar ás defensas das células eucariotas. Estes factores de virulencia adquiridos compórtanse de dúas maneiras para garantir a supervivencia e o crecemento dos xermes:
As adhesinas son proteínas de membrana ou pili que permiten ás bacterias adherirse ás células diana, etapa indispensable da infección[4]. Reaccionan cos receptores homólogos das células hóspede.
Trátase de elementos que favorecen a propagación de axentes infecciosos a través dos tecidos, por exemplo:
Os factores antifagocitarios protexen as bacterias da fagocitose polos leucocitos do sistema inmunitario. Estes factores son de varias clases:
As endotoxinas son toxinas termoestables da membrana externa de certas bacterias gramnegativas. Un exemplo é o lípido A, constituínte do lipopolisacárido, que se libera cando se produce a lise das bacterias e pode causar a síndrome de resposta inflamatoria sistémica. Estas endotoxinas inducen unha serie de efectos, como son:
As bacterias gramnegativas responsables dunha sepse poden provocar unha intoxicación por endotoxinas despois dun tratamento con antibióticos polo efecto da liberación masiva de endotoxinas ao se destruíren os axentes infecciosos, o que pode orixinar un choque séptico.
As exotoxinas son toxinas segregadas por bacterias vivas, ao contrario que as endotoxinas, que se liberan despois da destrución das bacterias. A miúdo prodúcenas bacterias que á súa vez están infectadas por bacteriófagos. Compórtanse de diferentes maneiras: