Ex Machina | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ex Machina |
Director | Alex Garland |
Produtor | Andrew Macdonald Allon Reich |
Guión | Alex Garland |
Intérpretes | Alicia Vikander Domhnall Gleeson Oscar Isaac Sonoya Mizuno |
Música | Ben Salisbury Geoff Barrow |
Fotografía | Rob Hardy |
Montaxe | Mark Day |
Estudio | Film4 DNA Films |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 21 de xaneiro de 2015 10 de abril de 2015 |
Duración | 108 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido[2][3] Estados Unidos[2][3] |
Xénero | Ciencia ficción Suspense |
Orzamento | $15 000 000[4] |
Recadación | $36 900 000[5] |
Na rede | |
https://exmachinamovie.co.uk | |
|
Ex Machina (estilizado como ex_machina ou EX_MACHINA) é un filme británico-estadounidense de ciencia ficción e suspense escrito e dirixido por Alex Garland que se estreou no 2015. Está protagonizado por Domhnall Gleeson, Oscar Isaac e Alicia Vikander. O filme conta a historia dun programador que é convidado polo seu CEO a administrar unha proba de Turing dun robot humanoide con intelixencia artificial.
Cun orzamento de $15 millóns, recadou máis de $36 millóns en todo o mundo e recibiu a aclamación da crítica. A National Board of Review recoñeceuno como un dos mellores dez filmes independentes do ano e na 88ª edición dos Oscar foi galardoado co Oscar ós mellores efectos visuais, obra dos artistas Andrew Whitehurst, Paul Norris, Mark Williams Ardington e Sara Bennett. Garland tamén foi nomeado ó Oscar ó mellor guión orixinal, mentres que a interpretación de Vikander valeulle nomeamentos ós BAFTA, ós Globos de Ouro, ós Empire Award e ós Premios Saturn.