Evangelion: 2.0 You Can (Not) Advance | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | ヱヴァンゲリヲン新劇場版: 破 |
Director |
|
Guión | Hideaki Anno |
Baseado en | Neon Genesis Evangelion de Hideaki Anno |
Intérpretes |
|
Música | Shirō Sagisu |
Fotografía | Toru Fukushi |
Montaxe | Hiroshi Okuda |
Estudio | Studio Khara |
Distribuidora | The KlockWorx |
Estrea | 27 de xuño de 2009 |
Duración | 108 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Recadación | 44 millóns de dólares |
Filme anterior | Evangelion: 1.0 You Are (Not) Alone |
Filme seguinte | Evangelion: 3.0 You Can (Not) Redo |
Na rede | |
http://www.evangelion.co.jp/2_0/index.html | |
Evangelion: 2.0 You Can (Not) Advance. (ヱヴァンゲリヲン新劇場版: 破 Evangerion Shin Gekijōban: Ha?) é un filme xaponés de 2009 de animación e ciencia ficción escrito e dirixido por Hideaki Anno. É o segundo título da tetraloxía Rebuild of Evangelion, baseada na serie de televisión Neon Genesis Evangelion. Foi producido e distribuído polo Studio Khara de Hideaki Anno en colaboración con Gainax.
O filme continúa a historia de Evangelion: 1.0 You Are (Not) Alone, con Shinji Ikari no papel principal como o piloto dun dos xigantescos Evangelion como parte da loita continua de NERV contra as misteriosas criaturas coñecidas como Anxos. Aínda que reproduce moitas escenas e elementos da trama da serie orixinal, o filme tamén introduce outras novas, incluíndo criaturas de deseño novo e personaxes novos, como Mari Illustrious Makinami, e integra tecnoloxía CG 3D. O seu final facilita a transición aos importantes cambios na historia orixinal que se relatan no terceiro filme, Evangelion: 3.0 You Can (Not) Redo.
Personaxe | Voz xaponesa |
---|---|
Shinji Ikari | Megumi Ogata |
Misato Katsuragi | Kotono Mitsuishi |
Gendo Ikari | Fumihiko Tachiki |
Asuka Langley Shikinami | Yūko Miyamura |
Rei Ayanami | Megumi Hayashibara |
Mari Illustrious Makinami | Maaya Sakamoto |
Ritsuko Akagi | Yuriko Yamaguchi |
Ryoji Kaji | Kōichi Yamadera |
Kaworu Nagisa | Akira Ishida |
Kozo Fuyutsuki | Motomu Kiyokawa |
Maya Ibuki | Miki Nagasawa |
Shigeru Aoba | Takehito Koyasu |
Makoto Hyuga | Hiro Yuuki |
Toji Suzuhara | Tomokazu Seki |
Kensuke Aida | Tetsuya Iwanaga |
Hikari Horaki | Junko Iwao |
Keel Lorenz | Mugihito |
Yui Ikari | Megumi Hayashibara |