Mapa onde se mostra o plan estratéxico da campaña de Waterloo.

A estratexia militar[1][2][3][4] (Estratexia, do grego stratigos ou strategos, στρατηγός, pl. στρατηγοί; en grego dórico: στραταγός, stratagos; literalmente significa: «líder do exército») é o plan xeral utilizado polas organizacións militares para intentar alcanzar os obxectivos fixados.[5]

A estratexia militar ocúpase do planeamento e dirección das campañas bélicas, así como do movemento e disposición estratéxica das forzas armadas. O pai da estratexia militar moderna, Carl von Clausewitz, definíaa como "o emprego das batallas para conseguir o fin da guerra".[6] Desta maneira, daba prioridade aos obxectivos políticos sobre os obxectivos militares, apoiando o control civil sobre os asuntos militares.

O xeneral (strategos) debe estar seguro de poder explotar a situación no seu proveito, segundo o esixan as circunstancias. Non está vinculado a procedementos determinados.
Capítulo VIII versículo 9 de A arte da guerra de Sun Tzu.

Nas guerras convencionais ten por obxecto dirixir as tropas no teatro de operacións ata levalas ao campo de batalla. É unha das tres facetas da arte da guerra, as outras dúas serían a táctica militar, que consiste na correcta execución dos pláns militares e as manobras das forzas de combate na batalla. O terceiro compoñente sería a loxística militar, destinada a manter o exército e asegurar a súa dispoñibilidade e capacidade combativa.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estratexia.
  2. Entrada de "estratexia" no Digalego.gal
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para militar.
  4. Entrada de "militar" no Digalego.gal
  5. Gartner, páxina 163
  6. Bassford, Christopher (2002). «Clausewitz and his Works». Consultado o 25 de maio de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]