Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos.
Modelo:Xeografía políticaEstados cruzados
Imaxe

Localización

O Oriente Próximo, en 1135, cos Estados cruzados marcados con cruces vermellas
Asia Menor e os Estados cruzados, c.1140

Os Estados cruzados, tamén coñecidos como Outremer, foron uns Estados feudais, entre os séculos XII e XIII, creados polos cruzados de Europa Occidental en Asia Menor, Grecia e a Terra Santa, e durante as cruzadas bálticas no leste da rexión do Báltico. O nome tamén fai referencia a outras ganancias territoriais (moitas veces pequenas e de curta duración) feita polos reinos cristiáns medievais contra os adversarios musulmáns e pagáns.

Fondo

[editar | editar a fonte]

A comezos do século VII, os gobernantes musulmáns comezaron a expandir os seus territorios a costa das terras cristiás-romanas (bizantinas), conquistando Exipto e o levante, e pouco a pouco, ocupando todo o norte de África, a maioría do sueste asiático e da Península Ibérica. Os bizantinos, recuperaron parcialmente os territorios en numerosas ocasións, pero co tempo perderon todo salvo Anatolia e partes da Tracia e dos Balcáns. No occidente, os reinos católicos do norte da Península Ibérica lanzaron unha serie de campañas, coñecidas como Reconquista, para recuperar a península dos chamados "mouros"que ocupaban Al-Ándalus. Estas conquistas na Península Ibérica non son consideradas habitualmente como cruzadas, coa excepción da conquista do Reino de Valencia.[1]

En 1071, o exército bizantino foi derrotado polo musulmán da dinastía selxúcida na batalla de Manzikert, o que resultou na perda da maior parte de Asia Menor. A situación representou unha grave ameaza existencial para o ortodoxo Imperio Bizantino. O emperador enviou un chamamento ao Papa de Roma para que enviase axuda militar co obxectivo de restaurar os antigos territorios cristiáns. O resultado foi unha serie de campañas militares no Mediterráneo oriental, coñecido como o cruzadas. Por desgraza para os Bizantinos, os cruzados non mantiveron a fidelidade ao Emperador Bizantino, establecendo así os seus propios Estados nas rexións conquistadas, incluíndo no corazón do propio Imperio Bizantino.

Primeira cruzada

[editar | editar a fonte]

Os catro primeiros Estados cruzados foron creados no Levante inmediatamente despois da primeira cruzada:

O Reino Armenio de Cilicia tivo a súa orixe antes do século XIII, pero foi concedido o status dun reino polo papa Inocencio III, e máis tarde tornouse totalmente occidentalizado pola dinastía francesa dos Casa de Lusignan.

Terceira cruzada

[editar | editar a fonte]

Durante a terceira cruzada, os cruzados fundaron o Reino de Chipre. Ricardo I de Inglaterra conquistou Chipre no seu camiño a Terra Santa. Posteriormente vendeu a illa aos cabaleiros templarios que foron incapaces de manter o seu control por mor da falta de recursos e un voraz actitude cara á poboación local, o que levou a unha serie de revoltas populares. Os Templarios pronto devolveron a illa a Ricardo que a revendeu ao destronado rei de Xerusalén Guido de Lusignan no 1192. Guido fundou unha dinastía que durou ata 1489, cando a viúva de Xaime II o Bastardo, a raíña Catarina Cornaro, nativa de Venecia, abdicou do seu trono en favor da República de Venecia, que se anexa a illa.[2] Durante a maior parte da súa historia baixo os reis Lusignan, Chipre foi un próspero reino medieval, comercial e centro de comercio da cristiandade occidental no oriente Medio.[2] O declive do reino comezou cando participou na disputa entre as Repúblicas Comerciantes Italianas de Xénova e Venecia. De feito, o seu declive pode ser atribuído a unha desastrosa guerra con Xénova en 1373-74 que rematou cos xenoveses ocupando o principal porto da cidade de Famagusta. Finalmente, coa axuda de Venecia, o reino recuperou Famagusta, pero por entón era demasiado tarde e, en calquera caso, os venecianos tiñan os seus propios proxectos na illa. O control veneciano sobre Chipre durou pouco máis de 80 anos, ata 1571, cando o Imperio Otomán baixo o sultán Selim II Sarkhosh invadiu e capturou toda a illa. A batalla por Chipre entre Venecia e o Imperio Otomán quedou inmortalizada por William Shakespeare na súa obra Otelo.

Cuarta cruzada

[editar | editar a fonte]
O Imperio Latino, os seus vasalos e o estados sucesores gregos, c.1204

Trala cuarta cruzada, os territorios do Imperio Bizantino quedaron divididos en varios estados, comezando o chamado período da "Francocracia" (grego: Φραγκοκρατία):

Historia posterior

[editar | editar a fonte]

Varias illas, máis notabelmente Creta (1204-1669), Eubea (Negroponte, ata 1470), e as Illas Xónicas (ata 1797) quedaron baixo o poder de Venecia.

Estes estados sufriron os ataques do estados sucesores bizantinos de Nicea e Épiro, así como Bulgaria. Tesalónica e o Imperio Latino foron reconquistados polos bizantinos no 1261. Descendentes dos Cruzados continuaron gobernando en Atenas e o Peloponeso (Morea) ata o século XV, cando a área foi conquistada polos turcos otománs.

Cruzadas do norte

[editar | editar a fonte]
O Estados cruzados do norte c. 1410

Na rexión do Báltico, as tribos indíxenas na Idade Media rexeitaron inicialmente o cristianismo. En 1193, o papa Celestino III pediu unha cruzada contra os pagáns, que incluíu ós Prusianos, ós Lituanos e outras tribos que habitaban Estonia, Letonia e Prusia Oriental. Este período de guerra coñécese como cruzadas do norte.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. See for example The Crusader Kingdom of Valencia: Reconstruction on a Thirteenth-Century Frontier, R.I. Burns, SJ, Harvard, 1967 (available online)
  2. 2,0 2,1 Edbury P.W., The Kingdom of Cyprus and the Crusades 1191 - 1374, Cambridge University Press (1991)
  3. High medieval rural settlement in Scandinavia; The Cambridge History of Scandinavia By Knut Helle; p. 269 ISBN 0-521-47299-7

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]