Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.)
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde abril de 2016.)

Estado Social ou, en termos máis recentes Estado Social de Dereito, é un concepto propio da ideoloxía ou bagaxe cultural político alemán (Sozialstaat). O concepto remóntase á formación do Estado alemán e, pasando a través dunha serie de transformacións, na actualidade[cando?] forma as bases político-ideolóxicas do sistema de Economía social de mercado.

O Estado Social pretende garantir os denominados dereitos sociais mediante o seu recoñecemento na lexislación (traballo e vivenda dignos, saúde, educación ou medio ambiente...) e mediante políticas activas de protección social, de protección á infancia, á vellez, fronte á enfermidade e ao desemprego, de integración das clases sociais menos favorecidas, evitando a exclusión e a marxinación, de compensación das desigualdades, de redistribución da renda a través dos impostos e o gasto público. Emprega instrumentos como os sistemas de educación e sanidade (en maior ou menor grao públicos ou controlados polo estado, obrigatorios ou universais e de balde ou subvencionados), financiados con cotizacións sociais. Téndese á intervención no mercado e a planificación da economía, todo iso en contra dos principios do liberalismo clásico.

Con todo, na práctica política, a Economía Social de Mercado é a miúdo confundida co Estado do benestar (Welfare State). Esta confusión é ás veces natural, produto da confluencia de resultados e intereses de ambos os proxectos (véxase Estado do Benestar: Orixes e Evolución) pero ás veces parece intencional, debido a consideracións ideolóxicas ou de debate. É relevante notar que en lingua alemá hai dúas palabras (Sozialstaat e Wohlfahrtsstaat) que se poden traducir ao inglés como Welfare State. Con todo hai entre elas unha distinción sutil pero importante: Sozialstaat é un principio (Sozialstaatsprinzip) mentres Wohlfahrtsstaat é unha política (In der Wirtschaftswissenschaft wird mit Wohlfahrtsstaat eine Wirtschaftsordnung bezeichnet, die zur Verfolgung sozialpolitischer Ziele umfassend).