Esporiz | |
---|---|
Igrexa de San Miguel de Esporiz. | |
Concello | Monterroso[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°47′44″N 7°50′44″O / 42.7954884, -7.8455739Coordenadas: 42°47′44″N 7°50′44″O / 42.7954884, -7.8455739 |
Área | 4,53 km² |
Poboación | 2.082 hab. (2020) |
Densidade | 459,6 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Esporiz é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 2059 habitantes (1001 homes e 1058 mulleres), dous menos ca en 2006.
A igrexa de San Miguel é de estilo románico do século XII. Foi a igrexa parroquial da vila de Monterroso ata que se construíu a nova na propia vila no século XX. Ten unha porta con arco de medio punto con dobre arquivolta. Nunha das reformas que se fixeron un dos canzorro foi levado a un dos muros laterais da igrexa. As basas das columnas da porta principal estiveron baixo terra até que hai uns anos foron destapadas. No interior hai pinturas murais moi importantes por debaixo do caleado.[2]
Lugares da parroquia de Esporiz no concello de Monterroso (Lugo) | |
---|---|
O Campo | A Cariza | A Carreira | As Castedas | Esporiz | Monterroso | Os Olmos | Podente |