Escanos en Branco | |
---|---|
Acrónimo | EB |
Tipo | partido político español |
Data de fundación | 21 de xullo de 2010 |
Sede | Badalona |
País | España |
Na rede | |
http://escanos.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Escanos en Branco (EB; catalán: Escons en Blanc, éuscaro: Aulki Zuriak, castelán: Escaños en Blanco), é un partido político español fundado en Badalona (Provincia de Barcelona) o 21 de xullo de 2010 que loita polo recoñecemento dun voto de protesta en forma de escanos baleiros.
Escanos en Branco ofrece representación para aqueles cidadáns desconformes que non atopan unha alternativa satisfactoria entre as opcións de voto presentes. O seu programa[1] ten un único punto:
A formación política, segundo se expresa no manifesto feito público na páxina web do partido, busca:
O partido disolverase cando se aprobe unha reforma da lei electoral onde se teña en conta un tipo de voto para poder optar por ningunha das formacións dispoñíbeis que se traduza automaticamente en escanos baleiros. Esta petición é equivalente ao concepto de voto en branco computábel.
Tras a obtención dos primeiros candidatos electos nas eleccións municipais de 2011, Escanos en Branco elaborou un documento[2] que servise como procedemento para deixar a concellería baleira durante a vixencia da corporación municipal. Este procedemento, amparado pola doutrina da Xunta Electoral Central,[3] consiste en non presentarse á toma de posesión do cargo en ningunha das ocasións (normalmente plenos do concello) legalmente permitidas para iso.
O non tomar plena condición de concelleiro non supón a perda da condición de concelleiro electo, o cal permite ao candidato manterse á marxe das decisións do consistorio sen incumprir a lei, carecendo dos dereitos e obrigacións habituais dos parlamentarios, así como dos privilexios (información privilexiada, dietas, soldos etcétera).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escanos en Branco |