Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1887 Olsztyn, Polonia |
Morte | 15 de setembro de 1953 (66 anos) San Francisco, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido Alemaña Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Múnic Universidade de Breslau Universidade Técnica de Múnic Universidade Técnica de Berlín |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura |
Lugar de traballo | Múnic San Francisco Xerusalén Berlín Wrocław |
Ocupación | arquitecto , fotógrafo |
Período de actividade | - 1953 |
Empregador | Universidade de California en Berkeley |
Movemento | New Objectivity (en) |
Lingua | Lingua alemá |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
Erich Mendelsohn, nado en Allenstein (Prusia Oriental, hoxe Polonia) o 21 de marzo de 1887 e finado en San Francisco (California) o 15 de setembro de 1953,[1] foi un arquitecto alemán de orixe xudía, coñecido pola súa arquitectura expresionista da década de 1920, ademais de por desenvolver un funcionalismo dinámico nos seus proxectos para tendas e cines. Mendelsohn é un pioneiro da art déco e do Streamline Moderne, especialmente polo seu deseño da Mossehaus (1921).
Mendelsohn naceu en Allenstein (Alemaña), hoxe a localidade polaca de Olsztyn. O seu lugar de nacemento foi a Oberstrasse 21, noxe no. 10 Staromiejska street, lembrado por unha placa.[2]
Foi o quinto de seis irmáns; a súa nai, Emma Esther (de solteira Jaruslawsky), era sombrereira, e o seu pai, David, era comerciante.[2][3] Asistiu a un Gymnasium humanista en Allenstein antes de continuar o seu adestramento comercial en Berlín.
En 1906 iniciou os estudos de economía nacional na Universidade de Múnic e en 1908 comezou a estudar arquitectura na Universidade Técnica de Berlín; dous anos despois pasou á Universidade Técnica de Múnic, onde se graduou cum laude en 1912. En Múnic recibiu a influencia de Theodor Fischer, arquitecto cunha obra que se move entre o neoclasicismo e o Jugendstil, e que lle deu clases dende 1907; Mendelsohn tamén tivo contacto con membros de dous grupos de artistas expresionistas, Der Blaue Reiter e Die Brücke.
Dende 1912 a 1914 traballou como arquitecto independente en Múnic. En 1915 casou coa violoncellista Luise Maas, coa que mantivo correspondencia entre 1910 e 1953; estes materiais proporcionan[4] unha mirada nas vidas dun artista e unha parella que experimentaron o campio da paisaxe internacional, incluíndo a súa fuxida do Terceiro Reich en 1933. A través da súa esposa, coñeceu o astrofísico Erwin Finlay Freundlich, que tamén tocaba o violoncello. Freundlich era irmán de Herbert Freundlich, director do Kaiser Wilhelm Institut für Physikalische Chemie und Elektrochemie. Freundlich arelaba construír un observatorio astronómico axeitado para confirmar experimentalmente a teoría da relatividade de Einstein's Theory of Relativity.
Grazas á súa relación con Freundlich, Mendelsohn tivo a oportunidade de deseñar e construír a Einsteinturm ("Torre Einstein"). Esta relación, así como a amizade familiar cos fabricantes de sombreiro de Luckenwalde Salomon e Gustav Herrmann axudaron ao éxito temperán de Mendelsohn. Dende este momento e ata 1918, é recoñecido sobre todo pola multitude de bosquexos de fábricas e grandes edificios, moitas veces en pequeno formato ou mesmo en cartas para a súa dona. O documental de 2011 de Duki Dror titulado "Incessant Visions" trata sobre Mendelsohn e a súa esposa, e nel Dror crea unha animación sobre as memorias de Louise e as súas cartas.[5]
A finais de 1918, tras regresar da primeira guerra mundial, estableceuse en Berlín. A Torre Einstein e a fábrica de sombreiros de Luckenwalde déronlle fama. Nesta última, encargada en 1921, o deseño incluía catro salas de produción, caldeira, unha sala de turbinas, dúas porterías e unha sala de tinguidura, que se converteu nun elemento destacado da fábrica. O edificio foi construído cun sistema de ventilación moderno que expulsaba os fumes tóxicos que xurdían do proceso de tinguidura. Ironicamente, a estrutura semellaba un sombreiro.[6]
Xa en 1924, Wasmuths Monatshefte für Baukunst, unha serie de revistas mensuais de arquitectura, produciu un folleto sobre a súa obra. Ese mesmo ano foi un dos fundadores, xunto con Ludwig Mies van der Rohe e Walter Gropius, do grupo de arquitectos coñecido como Der Ring.
O seu estudio empregaba corenta persoas, incluído, como aprendiz, Julius Posener, que logo foi historiador da arquitectura. A obra de Mendelsohn sintetizaba o consumismo da república de Weimar, en particular as súas tendas, como os célebres almacéns Schocken. Con todo, tamén estaba interesado nos experimentos socialistas realizados na Unión Soviética, onde deseñou a fábrica téxtil Bandeira Vermella en 1926 xunto co arquitecto Hyppolit Pretreaus. As súas oficinas do xornal Mossehaus e o cinema Universum foron tamén moi influentes no art déco e o Streamline Moderne.
En 1926, comprou unha antiga villa e en 1928, deseñou Rupenhorn, de preto de 4000 m², que a familia habitou dous anos despois. Pola caras publicación sobre o seu novo fogar, ilustrada por Amédée Ozenfant entre outros, Mendelsohn foi motivo de envexa.
Na primavera de 1933, co aumento do antisemitismo e o ascenso dos nazis en Alemaña, marchou a Inglaterra. A súa fortuna foi incautada polos nazis, o seu nome foi eliminado da lista da Unión de Arquitectos Alemáns, e foi excluído da Academia Prusiana das Artes.
En Inglaterra creou unha sociedade de negocios con Serge Chermayeff, que continuou ata a fin de 1936. Mendelsohn mantivo trato con Chaim Weizmann, posteriormente presidente de Israel e a comezos de 1934 comezou a planear en nome de Weizmann unha serie de proxectos en Palestina durante o mandato británico. En 1935, abriu unha oficina en Xerusalén e planeou edificios en estilo internacional con pedra de Xerusalén que foron moi influentes na arquitectura local.[7] En 1938 desmantelou a súa oficina de Londres. Ao mesmo tempo, el e a súa esposa recibían a cidadanía británica e cambiou o seu nome a "Eric"; esta nova cidadanía permitiulle ter certas garantías e levar outros membros da familia ao Reino Unido.[8]
Dende 1941 ata a súa morte, Mendelsohn viviu nos Estados Unidos e deu clases na Universidade de California en Berkeley. Ata a fin da segunda guerra mundial, as súas actividades estiveron limitadas polo seu status de inmigrante a conferencias e publicacións, mais serviu tamén como asesor do goberno estadounidense. Por exemplo, en 1943 colaborou co exército e a Standard Oil na construción da "German Village", conxunto de réplicas de casas típicas de clase obreira alemás, que foron clave para adquirir a experiencia necesaria para levar a cabo o bombardeo de Berlín.[9] En 1945, estableceuse en San Francisco. A partir dese momento e ata o seu pasamento en 1953 emprendeu algúns proxectos, a maioría para comunidades xudías.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Erich Mendelsohn |