Modelo:Xeografía políticaEmirato de Umm al Qaywayn
إمارة أمّ القيوين (ar) Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 25°33′N 55°33′L / 25.55, 55.55Coordenadas: 25°33′N 55°33′L / 25.55, 55.55
EstadoEmiratos Árabes Unidos Editar o valor em Wikidata
CapitalUmm Al Quwain (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación73.000 (2015) Editar o valor em Wikidata (93,95 hab./km²)
Xeografía
Superficie777 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude52 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1775 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Ruler of Umm al-Quwain (en) Traducir Editar o valor em WikidataSaud bin Rashid Al Mu'alla (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2AE-UQ Editar o valor em Wikidata

Umm al-Quwain (árabe: أمّ القيوين) é o menos poboado dos sete emiratos soberanos dos Emiratos Árabes Unidos situado no norte do país. O Emirato é gobernado por Saud bin Rashid Al Mu'alla. O emirato tiña 62.000 habitantes no ano 2003 e ten unha superficie de 755 km.

Historia

[editar | editar a fonte]

Umm al-Quwain ten un interese arqueolóxico significativo, con importantes achados en Tell Abraq e Al Dour.[1] Puntas de frecha e outras ferramentas de pedernal puido foron desenterrados en varios sitios en todo os Emiratos Árabes Unidos mentres que pezas de oleiría Ubaid foron desenterradas polas beiras do emirato. Toda a evidencia obtida ata o momento indican que o contacto con Mesopotamia existía xa no quinto milenio antes de Cristo porque a industria de cerámica indíxena non xurdiu ata o século terceiro.

Durante a Idade de Bronce (3000-1300 aC), as tribos seminómades habitaron a rexión; desprazándose en grupos de lugar en busca de alimentos e de madeira da acacia indíxena para a fundición de cobre. O metal era enviado a todos os portos importantes no Golfo Pérsico, Umm Al Nar foi un deles. Os vínculos coa Mesopotamia foron celosamente coidadas e en consecuencia, o comercio de cobre marcou o comezo da prosperidade na rexión.

Durante a Idade de Bronce, floreceu a agricultura, sendo os dátiles o cultivo prominente. O trigo, paínzo e outros grans tamén se cultivaban alí onde non había auga suficiente para o rego. Na actualidade crese que o clima durante ese período era máis tépedo que agora. Durante o período Umm al-Nar (2500-2000 aC), construíronse os edificios e as torres da fortaleza de Umm Al Quwain. Os edificios máis comúns asociados con esta época son as tumbas circulares.

A historia moderna de Umm Al Quwain comezou hai uns 200 anos, cando a tribo Al Ali trasladou a súa capital da Illa Al-Sinniyah a súa actual situación a mediados do século XVIII, debido á diminución dos recursos hídricos. En 1775, o xeque Majid Al Mualla, fundador da liñaxe gobernante Al Mu’alla da tribo Al Ali, estableceu un sheikhdom independente en Umm al-Quwain.

O 8 de xaneiro de 1820, o xeque Abdullah I asinou o Tratado Xeral Marítimo co Reino Unido, polo que a aceptaba un protectorado británico co fin de manter aos turcos otománs fora da zona. Do mesmo xeito que Axman, Dubai, Ras al-Khaimah e Sharjah, pola súa posición na ruta á India.

En 1903, o famoso estudo de Lorimer da Costa da Tregua mostraba Umm Al Qawain como un pobo duns 5.000 habitantes e identificábao como o principal centro da construción de embarcacións da costa, producindo uns 20 barcos ao ano en comparación con 10 en Dubai e 5 en Sharjah.[2]

O 2 de decembro de 1971, o xeque Ahmad II uniuse aos seus veciños Abu Zabi, Dubai, Sharjah, Axman e Fujairah na formación dos Estados Árabes Unidos, con Ras Al Khaimah uníndose máis tarde a principios de 1972.

Os sucesivos gobernantes foron:

Clima

[editar | editar a fonte]

De novembro a marzo, a temperatura media é 26 °C polo día e 15 °C pola noite, pero pode elevarse a máis de 40 °C[3] no pico do verán e cando os niveis de humidade son altos. A precipitación é mínima cunha media de 42 mm ao ano. A costa experimenta un refrescamento das temperaturas pola brisa do mar durante o día.

Ambiente

[editar | editar a fonte]

A Illa Al-Sinniyah, preto da localidade de Umm al-Qaiwain é o fogar da maior colonia de Socotra cormorán dos Emiratos Árabes Unidos, con máis de 15.000 parellas polo que é a terceira colonia máis grande no mundo. Introducíronse gacelas árabes de Sinniyah e parecen estar prosperando. A vida mariña é notable pola súa abundancia e diversidade. Quenllas punta negra atópanse na costa exterior, mentres que tartarugas verdes son omnipresentes nas costa interior. Entre Al-Sinniyah e o continente atopase Khor al-Beidah, unha ampla zona de area e marismas de importancia internacional polas súas aves acuáticas.

Aínda que non está protexida oficialmente, a illa de Sinaiyah, xunto con Khor al-Beidah, é unha das maiores áreas costeiras tranquila e variada de todos os Emiratos Árabes Unidos.[4]

Turismo

[editar | editar a fonte]

Mapas e imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Archaeologists strike gold in Umm Al Quwain". Gulfnews (en inglés). May 17, 2009. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2014. Consultado o setembro de 2014. 
  2. Lorimer, John (1906). Gazeteer of the Persian Gulf, Oman and Central Arabia. UK: Government of India. p. 1441. 
  3. "Umm Al Quwain Weather". yagulf.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2016. Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  4. "Umm Al Quwain - Around the city". Al-emirates.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2011. Consultado o 2011-08-10. 
  5. "Heritage a new industry". Gulfnews.com. 2010-07-11. Consultado o 2011-08-10. 
  6. "Al Dur, United Arab Emirates". Planetware.com. Consultado o 2011-08-10. 
  7. "Welcome to Dreamland Aqua Park". Dreamlanduae.com. Consultado o 2011-08-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]