Emil Cioran
Nacemento8 de abril de 1911
Lugar de nacementoRășinari
Falecemento20 de xuño de 1995
Lugar de falecemento13.º arrondissement de Paris
CausaSenilidade
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeRomanía, Imperio Austrohúngaro, Reino de Romanía e Francia
Alma máterUniversidade de Bucarest, Universidade Humboldt de Berlín e Universidade de París
Ocupaciónfilósofo, escritor, autor de diarios, aphorist e tradutor
IrmánsAurel Cioran
Coñecido porHistoire et Utopie, The Trouble With Being Born e Breviário De Decomposição
PremiosRoger Nimier Prix, Grand prix de littérature Paul-Morand e Prix Sainte-Beuve
Na rede
http://www.cioran.com
IMDB: nm1194127 Dialnet: 146731 Discogs: 1452451 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Lápida na tumba de Emil Cioran

Emil M. Cioran, nado en Răşinari (—Städterdorf en alemán, Resinár en húngaro—, Sibiu, Romanía, entón parte do Imperio Austrohúngaro) o 8 de abril de 1911 e finado en París o 20 de xuño de 1995, foi un escritor e filósofo de orixe romanesa. A maior parte das súas obras publicáronse en francés.

Traxectoria

Cioran foi fillo dun sacerdote ortodoxo. Asistiu á Universidade de Bucarest, onde en 1928 coñeceu a Eugène Ionesco e a Mircea Eliade. En 1937 continuaba os seus estudos no Instituto Francés en París, onde viviu a maior parte do resto da súa vida.

Os seus primeiros traballos publicáronse en romanés, mais posteriormente escribiría exclusivamente en francés. O seu estilo baséase en afirmacións curtas e aforismos, fortemente influídas por Nietzsche e o pesimismo de Schopenhauer ou Philipp Mainländer.

William H. Gass definiu o traballo de Cioran como "un romance filosófico en temas modernos como a alienación, o absurdo, o aborrecemento, a futilidade, a decadencia, a tiranía da historia, a vulgaridade do cambio, a conciencia como agonía, a razón como enfermidade".

Definido en ocasións como un "filósofo sen sistema", aínda que as súas formulacións entran dentro da chamada filosofía do absurdo, as súas obras foron amplamente criticadas. A súa resposta era de confrontación respecto ós filósofos preocupados por crear un sistema o suficientemente complexo e estable para que non puidera ser derrubado. Ante isto, Cioran penetra na contradición aparente como forma de pensamento, sendo as súas afirmacións contraditorias incluso no propio texto. Afirma a falsidade de toda doutrina filosófica, baseándose na incapacidade humana de crear ideas libres.[Cómpre referencia]

Finou por causas naturais a avanzada idade.

Véxase tamén

Ligazóns externas