Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.)
Infotaula de personaEl Gran Wyoming

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Miguel Monzón Navarro Editar o valor em Wikidata
15 de maio de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhumorista , músico , escritor , actor de cinema , presentador de televisión , guionista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorLa Sexta (2006–)
Telecinco (1996–2002) Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioEl Gran Wyoming
Chechu
Wyo
Wyoming
Wyoming El Grande Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0252655 Allocine: 130108 Allmovie: p157090
BNE: XX855019 Musicbrainz: 8ee0b093-3dea-4c31-b232-98c912a2353b Songkick: 357973 Discogs: 1007577 Editar o valor em Wikidata

José Miguel Monzón Navarro, máis coñecido polo seu nome artístico El Gran Wyoming, nado en Madrid o 15 de maio de 1955, é un presentador de televisión, actor, director, humorista, músico, escritor, comediante e médico español. Ás veces é chamado, de xeito abreviado, Gran Wyoming, Wyoming e Guayo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Monzón pertence a unha familia de farmacéuticos e é doutor en Medicina. Abandonou o seu traballo como médico para dedicarse ó mundo do espectáculo.

Ó principio da súa carreira musical tocaba xunto ó seu grupo Paracelso, e máis adiante representaba espectáculos cómico-musicais xunto ao pianista alcumado Maestro Reverendo. Presentou varios programas televisivos, como La noche se mueve (1992), de José María Fraguas, e El peor programa de la semana (1993), de David Trueba. Televisión Española deixou de programar este despois de que emitise unha entrevista co escritor Quim Monzó na que este fixo un chiste sobre a actividade laboral da infanta Elena de Borbón. A dirección do ente público declarou que a decisión de suspender este programa se debía á súa baixa audiencia. Monzón asegurou que iso podería explicar que deixasen de producir novos programas, pero non que se negasen a emitir os xa producidos, e achacou a decisión a razóns políticas.[Cómpre referencia]

En 1996 volveu á televisión, pero esta vez á canle privada Telecinco, presentando a versión española do programa arxentino Caiga Quien Caiga con grande éxito. No 2004 obtivo un novo programa en Televisión Española, La Azotea de Wyoming, que rematou supoñendo un gran fracaso. Tras varios cambios de horario e cotas de pantalla que chegaron ao 6%, TVE decidiu retirar "La Azotea" da súa programación. En 2005 Telecinco ofreceulle volver presentar Caiga Quien Caiga, proposta que rexeitou. Finalmente o programa regresou á pequena pantalla presentado por Manel Fuentes e conservando do que fora o seu equipo anterior unicamente a Arturo Valls como un dos copresentadores.

Dende o 2006 presenta en laSexta o programa nocturno El Intermedio, no cal destripa a actualidade diaria con grandes doses de humor.

De ideoloxía esquerdista,[Cómpre referencia] o Gran Wyoming foi un dos promotores de manifestacións contra a política do Partido Popular durante a súa segunda lexislatura. Dirixiu o segmento Muertos de segunda no filme colectivo de denuncia Hay motivo.

Televisión

[editar | editar a fonte]

Como actor

[editar | editar a fonte]

Como presentador

[editar | editar a fonte]

Cine

[editar | editar a fonte]

Como actor

[editar | editar a fonte]

Como guionista

[editar | editar a fonte]

Premios

[editar | editar a fonte]