Ekaterimburgo (en ruso: Екатеринбург) é a maior cidade na parte central de Rusia e o centro administrativo da Óblast de Sverdlovsk. Situada na zona leste da cordilleira dos Urais é o principal centro cultural e industrial do Distrito Federal dos Urais. É a cuarta cidade máis poboada de Rusia. Segundo o censo de 2010 contaba cuns 1 350 136 habitantes, se ben segundo o censo en 1989 tiña 1 364 621. Entre 1924 e 1991, a cidade foi coñecida como Sverdlovsk (Свердлoвск), en honor ao xefe bolxevique Yakov Sverdlov.
A cidade foi fundada en 1723 por Vasily Tatischev e dedicoulle o nome a santa Catarina, que compartía nome co da filla do tsar Pedro o Grande a emperatriz Catarina (Ekaterina). A data oficial da fundación é o 18 de novembro de 1723.
Pouco despois da Revolución Rusa, o 17 de xullo de 1918, o tsar Nicolao II, a súa muller Alexandra, as súas fillas as Grandes Duquesas Olga, Tatiana, María e Anastasia, e o tsarévich Alexei foron asasinados xunto cos seus serventes polos bolxeviques na Casa Ipatiev da cidade. En 1977, a Casa Ipatiev foi destruída por orde de Boris Eltsin, que máis tarde chegaría a ser presidente da Federación Rusa. Este representou ao pobo ruso no funeral do tsar en 1998.
Na década de 1920 Ekaterinburgo transformouse nun importante centro industrial en Rusia. A fábrica de maquinaria pesada máis grande en Europa, a Uralmash (Уралмаш, literalmente Planta de Construción de Maquinaria dos Urais), foi construída nesta cidade.
A partir de 1924 e ata 1991, a cidade recibiu o nome de Sverdlovsk, en honor ó dirixente bolxevique, Iakov Sverdlov, autor intelectual do asasinato da Familia Imperial.
Ekaterinburgo esta irmandada con:
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ekaterimburgo |