Eginard | |
---|---|
Nacemento | 770 |
Lugar de nacemento | Fulda |
Falecemento | 18 de marzo de 840 e 840 |
Lugar de falecemento | Seligenstadt |
Alma máter | Abadia de Fulda |
Ocupación | historiador, presbítero, escritor e biógrafo |
Coñecido por | Vita Karoli Magni |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eginard ou Einhard (tamén Exinardo ou Eginhard[1]), nado en 775 e finado na abadía de Selingenstadt en 840, foi un escritor do século IX, biógrafo de Carlomagno[2].
Foi educado na abadía de Fulda e na corte de Carlomagno. Recorreu o Imperio Carolincio para cumprir varias misións que lle foron encomendadas sobre os edificios do emperador. Despois integrouse na corte de Lois I o Piadoso, fillo de Carlomagno, onde se ocupou da educación do seu fillo máis vello Lotario I. Como recompensa, o emperador Luís confioulle diversas abadías laicas, incluíndo a abadía de Saint-Wandrille en 816 - 823. Ante os enfrontamentos entre os fillos de Lois o Piadoso, Eginard preferiu retirarse a escribir ao redor de 830 e morreu na abadía de Seligenstadt en 840. Eginard escribiu a Vita Karoli Magni, seguindo a tradición literaria de Suetonio. Máis que unha biografía, fixo unha haxiografía de Carlomagno. Tamén é autor dos Anais do Reino dos Francos (Annales regni Francorum, 741-829) e de 62 cartas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eginard |