Eduardo Lence-Santar
Nacemento16 de xullo de 1879
Lugar de nacementoMondoñedo
Falecemento14 de xaneiro de 1960
Lugar de falecementoMondoñedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Eduardo Lence-Santar Guitián, nado en Mondoñedo o 16 de xullo de 1879 e finado na mesma vila o 14 de xaneiro de 1960, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria

Placa na súa casa natal.

Pasou os seus primeiros anos en Portomarín e Sarria, e volveu a Mondoñedo en 1901. Arquiveiro municipal do concello de Mondoñedo, foi nomeado cronista da cidade en 1917, sendo o primeiro en exercer este cargo.[1] Foi un dos fundadores da Irmandade da Fala mindoniense en 1917 e un dos asinantes do manifesto da I Asemblea Nacionalista convocada polas Irmandades da Fala. Dirixiu Mondoñedo e colaborou en periódicos de Galicia e da Habana e Bos Aires como La Voz de Mondoñedo, Vallibria, El Eco de Vivero, El Compostelano, El Eco de Santiago, El Ideal Gallego, El Regional e El Eco de Galicia.

Foi correspondente da Real Academia Galega e recibiu en 1949 a encomenda da Orde de Afonso X o Sabio[2].

Obras

Notas

  1. Reigosa, Antonio (24 de abril de 2017). "Lence, o mellor cronista oficial de Mondoñedo". Caderno de campo de Antonio Reigosa. 
  2. Couceiro Freijomil, A. (1952). "Lence-Santar y Guitián, Eduardo". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 282. 

Véxase tamén

Ligazóns externas


Predecesor:
-
 Cronista de Mondoñedo 
1917 - 1960
Sucesor:
Álvaro Cunqueiro